Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.403 novas:

28/04/2024 | 12:37 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia a creación de cinco novas prazas públicas de atención residencial en Mos

Destínanse máis de 62.000 euros a ampliar os servizos de atención á discapacidade que oferta este centro

28/04/2024 | 10:05 | C. do Medio Rural

A Xunta recoñece como agrupacións forestais de xestión conxunta ás asociacións que xestionan os soutos de Parada de Sil e de Tuxe e Cambela, no Bolo

Inscribiranse no rexistro de agrupacións forestais de xestión conxunta un total de 194,24 hectáreas de soutos, cun total de 157 persoas socias e 1.097 parcelas catastrais

28/04/2024 | 09:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A exposición dedicada ao pintor José María Barreiro despídese do Museo Gaiás con máis de 20.000 visitantes

‘Barreiro. O silencio que chove luz na xanela’ repasa a traxectoria do pintor de Forcarei, continuador da renovación das vangardas históricas

27/04/2024 | 20:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do sector da ferraxería e a bricolaxe e por incardinar os valores do cooperativismo galego

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que destacou o seu compromiso coa xeración de emprego e a riqueza pegada ao territorio

27/04/2024 | 19:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Ourense a comercialización de Artesanía de Galicia e a divulgación dos oficios artesanais

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na inauguración da XXVII Feira de Artesanía de Ourense, que se celebra ata o domingo 5 de maio

27/04/2024 | 19:12 | C. de Política Social e Igualdade
27/04/2024 | 17:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Plan de mobilidade do Centro Dramático galego despraza máis dun milleiro persoas de 51 concellos para asistir a Os actos e as profecías

A peza, que poderá verse ata o 26 de maio no Salón Teatro de Santiago, ábrese ao público de toda Galicia, que pode inscribirse aínda nos autobuses que viaxarán a Santiago o próximo mes