Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.620 novas:

17/09/2026 | 12:09 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e Afundación achegan a Ourense a realidade sociocultural da Galicia dos anos sesenta con fotografías de Nicolás Muller

A exposición conta con medio cento de imaxes que un dos grandes documentalistas da Europa do s. XX tirou durante as súas viaxes pola Comunidade cunha ollada fondamente humanista

17/09/2026 | 12:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a atención ás persoas con discapacidade co financiamento dun novo vehículo adaptado para Aspnais

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, visitaron a asociación luguesa de persoas con discapacidade intelectual

17/09/2026 | 11:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga a unha conserveira da Pobra do Caramiñal a concesión para ocupar 400 m2 no dominio público para un emisario submarino asociado á fábrica

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve deste xeito un novo título concesional, de carácter accesorio e complementario ás instalacións existentes, destinado a conducir ao mar as augas residuais industriais previamente depuradas

17/09/2026 | 11:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación anuncia un investimento de 2 M€ para a rehabilitación integral do Colexio Plurilingüe de Prácticas

A Xunta asume en solitario esta intervención, malia que o edificio é titularidade da Universidade da Coruña e o mantemento corresponde ao Concello

17/09/2026 | 11:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Goberno central acordan o marco para actuar fronte á violencia no ámbito deportivo

O Goberno galego poderá intervir nos procedementos penais nos termos previstos na Lei de Axuízamento Criminal e coa autorización expresa da vítima

17/09/2026 | 11:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta a importancia da prevención dos novos riscos psicosociais para favorecer contornas laborais máis seguras e saudables

A xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja, participou no VIII Simposio Ibérico de Riscos Psicosociais, que reúne hoxe a expertos de España e Portugal para analizar os retos neste ámbito nun contexto de transformación dixital, ecolóxica e demográfica

17/09/2026 | 10:23 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue principia hoxe a campaña en centros educativos universitarios e non universitarios de toda Galicia

O obxectivo da campaña “Un alento de vida” pasa por superar as 3.641 doazóns acadadas nos centros de ensino non universitario e as 4.605 doazóns en centros universitarios rexistradas no pasado curso académico

16/09/2026 | 21:17 | C. do Medio Rural

Desactivada a situación 2 no incendio do concello lucense de Quiroga, parroquia de Pacios da Serra

Esta situación operativa de emerxencia declarouse esta tarde pola proximidade do lume, que evoluciona favorablemente, a tres núcleos de poboación

16/09/2026 | 19:30 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa o Trofeo Xacobeo de Baloncesto para promover Galicia como destino de turismo deportivo

O Monbus Obradoiro e o Unicaja Andalucía enfrontaranse este domingo 20 de setembro, ás 12:30 horas, no Multiusos Fontes do Sar

16/09/2026 | 18:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mantén o dispositivo de vixilancia, control e contención nos tramos fluviais afectados polo vertido de puríns dunha explotación en Tordoia

Ángeles Vázquez informa de que non hai afección para a auga potable de Tordoia, Santiago de Compostela, Trazo e Oroso