Dicionario de conceptos básicos

AlegaciónsSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

As alegacións son explicacións

ou información nova

que a persoa quere engadir

a un expediente.

AnexoSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

Un anexo é un documento

que acompaña a unha solicitude.

AutoFirma Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

AutoFirma é un programa

que podes instalar no teu ordenador.

Serve para asinar documentos por Internet.

Por exemplo, podes asinar:

  • solicitudes,

  • formularios,

  • documentos PDF,

  • outros documentos oficiais.

Onde se pode usar?

AutoFirma pódese usar en ordenadores con:

  • Windows,

  • Linux,

  • Mac.

Que necesitas para usar AutoFirma?

Para usar AutoFirma necesitas

ter unha forma de identificarte.

Por exemplo:

  • un certificado dixital,
  • o DNI electrónico.

A sinatura con AutoFirma é válida?

Si.

A sinatura que fas con AutoFirma

ten validez legal.

Isto significa que serve igual

que unha sinatura feita á man,

cando o trámite permite asinar por Internet.

Carpeta cidadáSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

A Carpeta cidadá é o espazo persoal

onde a Administración garda información

relacionada contigo.

Certificado de rexistro de cidadáns e cidadás Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

da Unión Europea

Este documento demostra que unha persoa estranxeira

está inscrita no Rexistro Central de Estranxeiros.

O Rexistro Central de Estranxeiros

é un rexistro oficial de España.

Neste rexistro aparecen as persoas estranxeiras

que viven en España.

Quen debe pedilo?

Deben pedilo as persoas que

son cidadás dun país da Unión Europea,

ou que son cidadás doutro país

do Espazo Económico Europeo,

e van vivir en España durante máis de 3 meses.

Por exemplo, unha persoa de Francia ou Italia,

que vén vivir a España máis de 3 meses.

Para que serve?

Este documento serve para demostrar

que a persoa vive en España de forma legal.

Tamén serve para demostrar

que está inscrita como persoa estranxeira

que vive en España.

Certificado de sinaturaSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

Un certificado de sinatura

é unha identificación dixital

que permite asinar documentos.

Certificado dixital Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

Un certificado dixital

é un documento electrónico.

Serve para demostrar quen es

cando fas xestións por Internet.

É parecido a un DNI,

pero úsase en páxinas web.

Para que serve?

O certificado dixital serve para:

  • entrar en páxinas oficiais,

  • facer trámites por Internet,

  • presentar documentos,

  • consultar información persoal,

  • asinar documentos de forma legal.

Onde se pode usar?

Podes usalo dende:

  • un ordenador,
  • un teléfono móbil,
  • unha tableta.

Chave365 Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

Chave365 é unha clave persoal

que serve para facer trámites por Internet

coa Xunta de Galicia.

Cl@ve permanente Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

Cl@ve Permanente é un sistema

para identificarte en Internet.

Serve para entrar en servizos electrónicos

da Administración.

Está pensado para persoas

que fan trámites por Internet.

Que necesitas para usar Cl@ve permanente?

Para usar Cl@ve permanente necesitas:

  • estar rexistrado ou rexistrada no sistema,

  • o teu DNI ou NIE,

  • un contrasinal persoal.

O contrasinal elíxelo ti

cando activas Cl@ve permanente.

Ese contrasinal é privado.

Só debes coñecelo ti.

Que pasa nos trámites máis seguros?

Algúns trámites necesitan máis seguridade.

Neses casos, ademais do teu DNI ou NIE

e do teu contrasinal,

pódenche pedir un código.

Ese código chámase OTP.

OTP significa que é un código

dun só uso.

A Administración envíache ese código

por SMS ao teu teléfono móbil.

Despois tes que escribir ese código

para confirmar que es ti.

DEHúSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

O DEHú é o Enderezo Electrónico Único.

É un servizo de Internet

do Goberno de España.

Na DEHú podes consultar

as notificacións e comunicacións que che envían

as Administracións públicas.

DixitalizarSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

Dixitalizar significa converter un documento físico

nun documento electrónico.

DNI electrónico Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

O DNI electrónico é un documento oficial

que di quen es.

O DNI electrónico serve para identificarte

de 2 formas:

  • en persoa,
  • por Internet.

Que ten o DNI electrónico?

O DNI electrónico ten un chip.

Un chip é unha pequena peza

que garda información de forma segura.

Ese chip permite usar o DNI

para facer trámites por Internet.

Para que serve?

O DNI electrónico serve para:

  • demostrar quen es en Internet,

  • entrar en páxinas oficiais,

  • facer trámites online,

  • asinar documentos por Internet.

A sinatura co DNI electrónico é válida?

Si.

Asinar co DNI electrónico por Internet

ten a mesma validez legal

que asinar un documento á man.

Dobre factor de identificaciónSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

O dobre factor de identificación

é unha medida que aumenta a seguridade

cando entras nun servizo dixital.

Isto significa que non chega

con escribir un contrasinal.

Tamén tes que demostrar

que es ti doutro xeito.

Por exemplo, cun código

que recibes no teu teléfono móbil.

EmendaSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

Unha emenda é unha corrección

ou unha información nova

que debes presentar.

Enderezo Electrónico ÚnicoSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

O Enderezo Electrónico Único

é un servizo de Internet

do Goberno de España.

Este servizo tamén se chama DEHú.

Na DEHú podes consultar

as notificacións e comunicacións que che envían

as Administracións públicas.

É-Saúde Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

É-Saúde é unha páxina web do Sergas.

O Sergas é o servizo de saúde de Galicia.

En É-Saúde podes ver información sobre a túa saúde.

Por exemplo, podes:

  • consultar os teus informes médicos,

  • ver resultados de análises e probas,

  • revisar as túas citas médicas,

  • pedir, cambiar ou cancelar citas,

  • ver os medicamentos que tes que tomar,

  • saber cando podes recoller os teus medicamentos na farmacia,

  • ler información fiable sobre saúde.

Podes usar É-Saúde dende un ordenador,

un teléfono móbil

ou unha tableta.

Para entrar,

tes que identificarte de forma segura.

ExpedienteSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

Un expediente é o conxunto de documentos

dun trámite.

Expediente-e Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

Un Expediente-e é unha carpeta dixital

onde se gardan os documentos dun trámite.

Por exemplo,

  • unha solicitude,

  • un informe

  • ou unha resposta da Administración.

O Expediente-e non está en papel.

Está en formato dixital.

Ten o mesmo valor legal

que un expediente en papel.

Tamén pode ter sinaturas dixitais

ou selos electrónicos.

Estas sinaturas serven para demostrar

que os documentos son válidos

e que non se cambiaron.

O Expediente-e axuda a:

  • facer trámites por Internet,

  • aforrar papel,

  • atopar documentos máis rápido,

  • evitar desprazamentos,

  • e axilizar a xestión.

Úsano moitas Administracións públicas,

como a Xunta de Galicia.

Tamén pode usarse noutros ámbitos,

por exemplo en saúde

ou no traballo.

MegabytesSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

Os megabytes serven para medir

o tamaño dun ficheiro.

NIE Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

O NIE é o número de identificación

dunha persoa estranxeira en España.

NIFSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

O NIF é o número

que identifica unha persoa

para facer trámites.

NotificaciónSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

Unha notificación é unha comunicación oficial

da Administración.

Notificación electrónicaSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

As notificacións electrónicas

son comunicacións oficiais

que a Administración che envía

por medios dixitais.

Por exemplo, poden informarche

sobre unha solicitude, unha axuda

ou outro trámite.

Notifica.gal Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

Notifica.gal é unha páxina web da Xunta de Galicia.

Serve para recibir notificacións oficiais.

Unha notificación oficial é un aviso importante

dunha Administración pública.

Por exemplo,

a Xunta pode enviarche unha notificación

sobre unha axuda, un trámite ou unha solicitude.

En Notifica.gal podes ver todas as túas notificacións

nun mesmo sitio.

Cando recibes unha notificación,

podes recibir un aviso

por correo electrónico ou por SMS.

É importante entrar e lela pronto.

Tes 10 días naturais para abrir a notificación.

Se non a abres neses 10 días,

a Administración pode entender

que a rexeitaches.

Para entrar en Notifica.gal,

tes que identificarte de forma segura.

Podes usar sistemas como Chave365 ou Cl@ve.

Poder notarial orixinal Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

Un poder notarial é un documento oficial

que se fai ante un notario ou unha notaria.

Este documento demostra

que unha persoa pode actuar legalmente

en nome doutra.

Recibo de presentaciónSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

O recibo de presentación

é o documento que recibes

despois de presentar un trámite por Internet.

Reclamación patrimonialSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

Unha reclamación patrimonial

serve para pedir unha compensación económica

por un dano causado pola Administración.

Recurso administrativoSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

Un recurso administrativo

serve para pedir que a Administración

revise unha decisión.

Rexistro electrónicoSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

O Rexistro electrónicoé o sistema

que recibe e garda

os trámites presentados por Internet.

Sede electrónica da Xunta de Galicia Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

A sede electrónica da Xunta de Galicia

é unha páxina web oficial da Xunta.

O seu enderezo é: sede.xunta.gal

Nesta páxina podes facer xestións

coa Xunta de Galicia

sen ter que ir en persoa a unha oficina.

Para que serve?

A sede electrónica serve para:

  • presentar solicitudes,

  • consultar como vai un trámite,

  • recibir avisos e notificacións,

  • enviar documentos,

  • facer xestións de forma dixital.

Quen pode usala?

Poden usala:

  • a cidadanía,

  • as empresas,

  • as entidades,

  • as persoas profesionais.

É segura?

Si.

É unha páxina oficial e segura.

Para facer algúns trámites

pode ser necesario identificarse.

Por exemplo, con:

  • certificado dixital,
  • DNI electrónico,
  • Chave365.

Selo electrónicoSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

O selo electrónico serve para comprobar

que un recibo electrónico

foi creado pola Xunta.

SMSSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

Un SMS é unha mensaxe de texto

que chega ao móbil.

Tarxeta vermella de asilo Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

A tarxeta vermella é un documento provisional

que reciben algunhas persoas estranxeiras

que piden asilo ou protección internacional en España.

Provisional significa

que non é un documento definitivo.

Por que unha persoa pide a tarxeta vermella?

Unha persoa pode pedir a tarxeta vermella

porque solicitou asilo ou protección internacional.

Isto pode pasar cando unha persoa

non pode volver ao seu país

porque alí pode estar en perigo.

Por exemplo, por motivos de guerra, violencia,

persecución ou outras situacións graves.

Para que serve a tarxeta vermella?

A tarxeta vermella serve para demostrar

que a persoa pode estar en España de forma legal

mentres se estuda a súa solicitude.

TIE Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

A TIE é a Tarxeta de Identidade de Estranxeiro.

É unha tarxeta

que teñen algunhas persoas estranxeiras

que viven en España.

Para que serve a TIE?

A TIE serve para demostrar

que unha persoa estranxeira

vive en España de forma legal.

É dicir, que ten permiso

para estar ou vivir en España.

Que información aparece na TIE?

Na TIE aparecen datos importantes,

por exemplo:

  • a fotografía da persoa,

  • o seu nome e apelidos,

  • os seus datos persoais,

  • o tipo de permiso que ten,

  • o seu número NIE.

Cando hai que pedir a TIE?

A TIE debe solicitarse

cando unha persoa recibe un visado

ou un permiso para estar en España

durante máis de 6 meses.

TrámiteSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

Un trámite é unha xestión

que fas coa Administración.

VALIdESubir ao comezo da páxina Volver ao índice

VALIdE é un servizo da Administración pública

que serve para comprobar sinaturas electrónicas

e documentos asinados.

VerificarSubir ao comezo da páxina Volver ao índice

Verificar significa comprobar

que algo é correcto.

XuntaEu Subir ao comezo da páxina Volver ao índice

XuntaEu é unha aplicación móbil

da Xunta de Galicia.

Serve para facer trámites coa Xunta de Galicia

dende o teléfono móbil.

Con XuntaEu podes:

  • ver as túas notificacións oficiais,

  • consultar como van os teus trámites,

  • achegar documentos,

  • xestionar citas previas,

  • usar Chave365,

  • ver algúns carnés dixitais,

  • pagar algunhas taxas,

  • enviar queixas ou suxestións.

XuntaEu axuda a facer xestións

sen ter que ir sempre a unha oficina.