Como podes darte de alta en Chave365?

Hai 2 xeitos de darte de alta en Chave365:

  • Por Internet,

    na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • De forma presencial,

    nunha oficina autorizada

    para facer a alta de Chave365. 

Primeiro imos aprender

como solicitar Chave365 por Internet.

Como solicitar Chave365 por Internet

Podes facer este trámite por Internet

na sede electrónica da Xunta de Galicia.  

Para empezar, tes que pulsar o botón:

“Tramitar en liña”.

Para facer o trámite necesitas unha destas opcións:

Despois, tes que cubrir o formulario de alta.

Cando termines de cubrir o formulario, 

debes firmar e enviar a solicitude.

Cando termines de enviar a solicitude,

recibirás as claves de acceso 

no teu teléfono móbil.

O teléfono móbil será o que indiques no formulario.

Se usas certificado dixital ou DNI electrónico,

necesitas ter instalado o programa Autofirma. 

Autofirma é un programa que serve

para asinar documentos por Internet.

Como solicitar Chave365 de xeito presencial

Ademais de pedir Chave365 por Internet,

tamén podes pedila nunha oficina.

A esta forma de pedir Chave365

chámaselle solicitude presencial.

Para pedir a Chave365 nunha oficina

tes que demostrar a túa identidade.

Para demostrar a túa identidade,

debes mostrar o teu DNI ou NIE.

O DNI ou NIE ten que ser:

  • orixinal,
  • válido
  • e vixente.

A palabra vixente significa

que algo aínda serve

e pódese usar agora.

As persoas estranxeiras

poden identificarse con:

  • TIE,

    que é a tarxeta de identificación

    de persoas estranxeiras.

  • Tarxeta vermella de asilo.
  • Certificado de rexistro

    de cidadáns e cidadás

    da Unión Europea.

  • Documento oficial de concesión do NIE

    xunto co pasaporte.

Onde podes solicitar Chave365 de xeito presencial?

Nesta páxina hai un mapa. 

O mapa mostra os lugares

onde podes pedir Chave365

de forma presencial.

Podes consultar o mapa

para buscar a oficina máis próxima.

VER O MAPA

Se tes tarxeta sanitaria do Sergas,

tamén podes pedir Chave365

no teu centro de saúde.

Así poderás usar Chave365

para entrar en É-Saúde.

É-Saúde é un servizo por Internet

do sistema sanitario galego.

Listaxe de lugares

Tamén podes descargar a listaxe de lugares

onde podes pedir Chave365.

Podes descargar a listaxe

nestes formatos:

  • PDF/PDF,
  • CSV,
  • ODS,
  • XLSX.

Oficinas para solicitudes de Chave365