-
eServicios
- Administración electrónica
-
Chave365
- ¿Qué es y cómo funciona?
- ¿Cómo gestiono mi alta en Chave365?
- ¿Dónde solicito Chave365 de forma presencial?
- ¿Cómo modifico mi clave de acceso?
- ¿Cómo recupero o renuevo mi clave de acceso?
- ¿Cómo renuevo mi usuario de Chave365?
- ¿Cómo gestiono la baja de mi usuario en Chave365?
- Otras preguntas frecuentes
- Sistema de notificaciones electrónicas de Galicia Notifica.gal
- Nodo de interoperabilidad de Galicia - PasaXe!
- Catálogos de los sistemas digitales
- Servicios en el mapa
- Portales A...Z
- Aplicaciones móviles
- Canal ayudas
- Sede electrónica
- Toponimia oficial
Preguntas frecuentes
Imos ver que necesitas ter
para facer unha sinatura electrónica
con Chave365.
A sinatura electrónica
serve para confirmar que es ti
quen asina un trámite por Internet.
Para usar Chave365,
primeiro tes que estar dado de alta
neste sistema.
Que necesitas para asinar?
Só necesitas ter preto o teléfono móbil
que vinculaches ao teu NIF
cando te deches de alta.
O NIF é o número que te identifica
ante a Administración.
Como funciona?
Cando vas asinar un trámite,
recibes unha mensaxe no teu móbil.
A mensaxe ten unha clave de sinatura.
Esta clave serve para confirmar
a túa sinatura electrónica.
Canto tempo dura a clave?
A clave de sinatura serve só
para 1 trámite.
A clave é válida durante 24 horas
e só podes usala unha vez.
Se pasan 24 horas e non usaches a clave,
deixa de funcionar.
Nese caso, podes pedir unha nova clave.
A clave de sinatura é un código
que recibes no móbil
para asinar un documento electrónico.
Se estás intentando asinar unha solicitude
e non recibes a clave de sinatura,
podes probar estas opcións.
1. Espera uns minutos
A mensaxe pode tardar uns minutos en chegar.
Se non chega, podes pedir
que a envíen outra vez.
Na pantalla onde tes que escribir a clave,
tes as indicacións para pedir un novo envío.
2. Que podes facer
se aínda non recibes a clave?
Se xa pediches varios envíos
e a mensaxe non chega,
podes pedir axuda.
Podes contactar co servizo técnico
da sede electrónica:
- A través servizo de WhatsApp da sede electrónica.
- Polo formulario Asistente en liña.
- A través do servizo de información 012.
3. Revisa o teu móbil
Pode ocorrer que enviaran a mensaxe
pero o teu móbil non a recibise.
Neste caso, revisa a carpeta
de mensaxes non desexadas.
Tamén podes consultar
coa túa compañía de telefonía.
4. Se estás no estranxeiro
Se estás fóra de España,
pode ocorrer que non recibas
a mensaxe no móbil.
Isto pode depender da configuración
do teu teléfono e da túa compañía.
Se tes este problema,
contacta coa túa compañía de telefonía.
Si.
Podes presentar unha solicitude
en nome doutra persoa
con Chave365.
Para facelo, tes que demostrar
que tes permiso para representala.
Podes facelo cun documento
que acredite esa representación.
Este documento pode ser:
- Unha autorización.
- Un poder.
-
Outro documento válido
que demostre que podes actuar
no seu nome.
Tes que engadir ese documento
xunto coa solicitude.
Aquí podes descargar un modelo de documento
para acreditar a representación.
Se escribes mal a clave de sinatura
pode aparecer un erro.
Importante
Se escribes mal 3 veces seguidas
a clave de sinatura
Chave365 bloqueará o teu acceso.
Isto significa que non poderás usar Chave365
ata solucionar o bloqueo.
Se che ocorre, consulta
a información sobre
Se recibiches a clave de sinatura
e ao escribila aparece un erro,
podes pedir unha nova clave.
Na propia pantalla do trámite
aparecen as indicacións
para pedir unha nova clave.
Cantas veces podes pedir outra clave?
Podes pedir ata 3 envíos de clave
para o mesmo borrador.
Un borrador é unha solicitude
que aínda non presentaches.
Se xa utilizaches os 3 intentos,
tes 2 opcións:
- Esperar 24 horas e volver intentalo.
-
Crear un novo borrador
e intentar asinar outra vez
desde ese novo borrador.