Onde podes usar Chave365?

O uso principal de Chave365

é entrar na sede electrónica 

da Xunta de Galicia.

A sede electrónica serve

para facer trámites por Internet

coa Xunta de Galicia.

Pero Chave365 tamén se pode usar

noutros servizos.

Estes servizos son: 

  • Notifica.gal

    Podes usar Chave365

    para entrar en Notifica.gal.

    Notifica.gal é un servizo

    para recibir notificacións electrónicas

    das Administracións públicas galegas.

  • Servizos do medio rural

    Tamén podes usar Chave365

    en servizos relacionados co medio rural.

    Por exemplo:

    • Xestión de aproveitamentos de madeira

      Este servizo serve para xestionar

      o uso de madeira 

      en terreos forestais de xestión privada.

    • Ordenación e xestión forestal

      Este servizo serve 

      para organizar e xestionar 

      temas relacionados cos montes 

      e os terreos forestais.

    • Sistema de información de Terras de Galicia

      Este servizo permite consultar

      e solicitar parcelas

      que forman parte do Banco de Terras de Galicia.

      O Banco de Terras de Galicia

      é un rexistro de terreos

      que se poden usar para actividades agrarias

      ou relacionadas co rural.

  • Sede electrónica do Parlamento de Galicia

    Tamén podes usar Chave365

    para entrar na sede electrónica

    do Parlamento de Galicia.

    Esta sede serve para facer trámites

    relacionados co Parlamento de Galicia.

  • É-Saúde

    Tamén podes usar Chave365

    para entrar en É-Saúde.

    É-Saúde é unha aplicación do Sergas.

    Esta aplicación permíteche facer trámites

    e acceder a servizos e información

    relacionados coa túa saúde.

  • Oficina do profesional / Expediente-e

    Tamén podes usar Chave365

    para entrar na Oficina do profesional

    ou Expediente-e.

    Este servizo permite consultar información

    sobre procesos de selección

    para profesionais da Xunta de Galicia

    e do Sergas.

    Un proceso de selección é un procedemento

    para elixir persoas para un posto de traballo

    ou para unha lista de contratación.

  • XuntaEu

    Tamén podes usar Chave365

    para entrar en XuntaEu.

    XuntaEu permíteche:

    • consultar expedientes,
    • consultar presentacións,

    • consultar notificacións electrónicas,

    • pagar taxas,

    • comprobar se un documento asinado por Internet é válido,

    • consultar certificados ou tarxetas,

    • consultar documentos presentados.

    En XuntaEu tamén podes consultar

    os documentos que presentaches

    a través do rexistro electrónico da Xunta 

    ou nas Oficinas de atención á cidadanía

    e de rexistro.