Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.590 novas:

09/09/2026 | 13:44 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta denuncia que o modelo de financiamento aprobado polo Goberno central en contra do 80 % da poboación afectada supón un novo agravio a Galicia

A proposta do Goberno central non só non mellora o peso do avellentamento e a dispersión, senón que o diminúe, de xeito que a comunidade galega pasa a ser a terceira autonomía con peor financiamento

09/09/2026 | 13:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Comeza o curso escolar na provincia de Lugo para case 32.500 alumnos matriculados en Educación Infantil, Primaria, ESO e BAC

Villares destaca o reforzo do profesorado e das medidas de atención á diversidade, así como os avances na modernización dos centros educativos da provincia, con 46 obras en execución durante o verán cun investimento de 3,5 M€

09/09/2026 | 13:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou o verán meteorolóxico máis cálido desde o ano 1961 cunha temperatura media de 21,4 graos

Ángeles Vázquez indica que a temperatura media foi 2,3 graos superior ao período de referencia e, ademais, tanto as mínimas como as máximas foron tamén as máis elevadas de toda a serie histórica

09/09/2026 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convocará con carácter retroactivo as axudas para rehabilitación edificatoria, cun orzamento de 13,6 M€

Debido ao retraso de 8 meses na transferencia dos fondos do Plan Estatal de Vivenda, a Xunta non puido convocar aínda as axudas desta anualidade, de xeito que publicará a convocatoria a finais de ano, por anticipado de gasto, para abrir o prazo de solicitudes en xaneiro do 2027, pero terán carácter retroactivo

09/09/2026 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o compromiso co mantemento e a actualización do servizo de asistencia xurídica gratuíta

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou no Parlamento que xa está vixente co Consello Galego de Procuradores o acordo para compensar a este colectivo pola quenda de oficio e no caso do Consello da Avogacía Galega prorrogouse o acordo mentres se continúa a negociar a renovación do acordo

09/09/2026 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
09/09/2026 | 13:12 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o control da vendima como garantía da orixe e da calidade dos viños galegos

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria visitou a adega A Vilerma, na Denominación de Orixe Ribeiro, para coñecer sobre o terreo os controis que se realizan durante a recepción da uva

09/09/2026 | 13:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o valor do obradoiro dual ‘Santa Águeda IX’ na empregabilidade e a atención ás necesidades do territorio na Peroxa, Amoeiro e Coles

O Goberno galego destina máis de 461.000 euros a esta iniciativa, que combina formación e emprego durante nove meses nas especialidades de albanelería —á que pertencen os traballos da visita— e atención sociosanitaria en institucións

09/09/2026 | 12:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta reafirma o apoio á comunidade galega retornada salientando que este ano se superarán as 1.340 axudas extraordinarias concedidas en 2025

O secretario xeral da Emigración participou hoxe en Caldas de Reis na inauguración da nova sede da Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (AERU)

09/09/2026 | 12:59 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña que a planificación do Servizo Galego de Saúde permitiu realizar este verán un 4,8 % máis de consultas e un 2,3 % máis de probas nos hospitais galegos

Destaca que entre xuño e agosto os hospitais realizaron 54.896 consultas e 23.034 probas diagnósticas máis que no mesmo período de 2025