Preguntas máis frecuentes

Pode poñerse en contacto co seu órgano de persoal correspondente.
 

Se lle corresponde a vostede a Mutua Gallega solicitará o talón ao departamento de persoal para presentalo no centro asistencial, que pode consultar en http://www.mutuagallega.es

Se está asociado/a a outra mutualidade debe dirixirse co talón/ tarxeta aos centros establecidos no cadro médico que lle corresponda.

Unha vez que reciba asistencia médica, obterá un parte que indicará se procede a baixa médica ou non.

No caso de que así fose, deberá entregar este parte no servizo de persoal, no caso contrario, debe reincorporarse ao traballo ao día seguinte.

Cando reciba o parte médico de alta, deberá entregalo no servizo de persoal e reincorporarse ao traballo.
 

Toda lesión corporal que o/a traballador/a sufra con ocasión ou por consecuencia do traballo que execute por conta allea. Tamén terán a consideración de accidentes de traballo os relacionados no artigo 115 do Real Decreto Lexislativo 1/1994, de 20 de xuño polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, isto é:

  • Os que sufra o/a traballador/a ao ir ou ao volver do lugar de traballo.
  • Os que sufra o/a traballador/a con ocasión ou como consecuencia do desempeño de cargos electivos de carácter sindical, así como os ocorridos ao ir ou ao volver do lugar en que se exerciten as funcións propias dos devanditos cargos.
  • Os ocorridos con ocasión ou a consecuencia das tarefas que, aínda sendo distintas ás da súa categoría profesional, execute o/a traballador/a en cumprimento das ordes do/a empresario/a ou espontaneamente en interese do bo funcionamento da empresa.
  • Os acaecidos en actos de salvamento e noutros de natureza análoga, cando uns e outros teñan conexión co traballo.
  • As enfermidades, non incluídas no artigo seguinte, que contraia o/a traballador/a con motivo da realización do seu traballo, sempre que se probe que a enfermidade tivo por causa exclusiva a execución do mesmo.
  • As enfermidades ou defectos, padecidos con anterioridade polo traballador/a, que se agraven como consecuencia da lesión constitutiva do accidente.
  • As consecuencias do accidente que resulten modificadas na súa natureza, duración, gravidade ou terminación, por enfermidades intercorrentes, que constitúan complicacións derivadas do proceso patolóxico determinado polo accidente mesmo ou teñan a súa orixe en afeccións adquiridas no novo medio en que se situou o/a paciente para a súa curación.

Presumirase, salvo proba en contrario, que son constitutivas de accidente de traballo as lesións que sufra o/a traballador/a durante o tempo e no lugar do traballo.