Preguntas máis frecuentes
Á entidade que xestiona as continxencias profesionais, que na maior parte das empresas corresponde ás Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais asociadas á empresa. No caso de que a xestión non lle competa a ningunha Mutua, esta prestación será xestionada polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que ata a Lei 3/2007 era quen as xestionaba.
A prestación por risco durante o embarazo comeza o día que se inicia a suspensión do contrato e finaliza o día anterior ao que se inicie o permiso por maternidade tras dar a luz ou o día da reincorporación da traballadora a un posto compatible co seu estado sempre que proceda.
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais ten definido un protocolo que, para este caso, aplica a embarazos de mulleres sas, quedando excluídos os embarazos de riscos ou aquelas outras situacións que, con orixe non profesional, puideran incidir no embarazo ou lactación. O risco durante o embarazo e lactación natural son situacións nas que se atopan as traballadoras que debendo cambiar de posto de traballo por outro compatible ao influír este negativamente no seu estado de saúde ou na do feto, non sexa posible quedando o contrato en suspenso nos termos establecidos no art.26.3 LPRL. Esta situación deberá ser acreditada pola entidade xestora (colaboradora) coa a que a empresa ten concertado os riscos profesionais.
A Disposición Adicional Decimo oitava da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, deu unha nova redacción aos artigos 134 e 135 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, relativos á prestación por riscos durante o embarazo ou a lactación natural. En base a estas modificacións, a prestación concederíaselle á muller traballadora nos mesmos termos e condicións previstos para a prestación económica de incapacidade temporal derivada de continxencias profesionais. Desta forma, encomendaríaselle a xestión e o pago da prestación á entidade xestora ou á mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social que corresponda, en función da entidade coa que a empresa teña concertada a cobertura dos riscos profesionais.
Non, será nulo o despido durante o período de suspensión do contrato por risco durante o embarazo e lactación, salvo que neses casos se declare a procedencia por motivos non relacionados co embarazo e a lactación natural. Durante esta situación a parte contratante está obrigada a continuar coa cotización da traballadora á seguridade social. Tamén implica a reserva do posto, polo que poderá incorporase ao seu posto de traballo.
A prestación económica por riscos durante o embarazo consiste no abono dun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora do accidente de traballo do mes anterior ao inicio da prestación (antes da Lei 3/2007 a prestación era do 75% da base reguladora por continxencias comúns) e non se require un período mínimo de cotización á Seguridade Social ao considerarse continxencia profesional ( antes da Lei 3/2007 ao considerarse continxencia común esixía un período de cotización mínimo de 180 días dentro dos 5 anos inmediatamente anteriores á data na que se inicia a suspensión do contrato).