A Disposición Adicional Segunda da Lei 4/2021, de medidas fiscais e administrativas publicada no DOG núm. 19, do 29 de xaneiro, faculta ao titular da consellería competente en materia de Función Pública para establecer medidas especiais en materia de procesos selectivos ou de provisión derivadas da situación de emerxencia sanitaria.
Froito de dita habilitación, publícase a previsión das datas e lugares nos que está previsto celebrar os primeiros exercicios dos procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada pola COVID-19.
O 14 de marzo de 2021 está previsto comezar coa realización dos seguintes procesos selectivos:
OEP | Proceso | Prazas | Data do 1º | Hora de | Lugar | Pavillón |
2018 | A2 Fisioterapia | 10 | 14/3/2021 | 9.00 | Silleda | 1 |
2018 | A2 Terapia Ocupacional | 48 | 14/3/2021 | 9.00 | Silleda | 2 |
2017 | II-020 Terapeuta Ocupacional | 2 | 14/3/2021 | 9.00 | Silleda | 2 |
2018 | A2 Enfermería | 69 | 14/3/2021 | 16.30 | Silleda | 1 e 2 |
- Procesos selectivos