Subscrición ao envío de novas por correo electrónico

A Dirección Xeral da Función Pública pon á súa disposición o servizo de envío de novas vía correo electrónico.

Para subscribirse unicamente terá que introducir un NIF e o enderezo de correo electrónico no que desexa recibir as novas. O sistema enviaralle unha mensaxe cun PIN que deberá introducir na seguinte pantalla para confirmar a corrección dos datos introducidos.

O sistema de subscrición mostraralle tres pantallas consecutivas, nas que poderá subscribirse a novas de oposicións (móstranse todas as categorías posibles), listas de contratación (móstranse só as categorías de listas existentes) e concursos de traslados (móstranse só os concursos xerados inda que poidan non estar activos).

Dentro da pantalla de alta deberá seleccionar os procesos dos que quere recibir información. O sistema ofreceralle as seguintes opcións:

  • Novas xerais: esta opción enviaralle as novas que non están asociadas a ningún proceso (neste caso, por exemplo, unha nova como a publicación dunha data de exame do grupo B, escala de Xestión informática non lle será enviada porque non é xenérica).
  • Novas dos procesos nos que estou inscrita/o: esta opción enviaralle as novas específicas dos procesos nos que estea inscrito o seu NIF.

O sistema tamén lle permitirá especificar individualmente todos os procesos dos que quere recibir as novas.

En calquera intre poderá volver a entrar e modificar ou anular a subscrición.

Contactos relacionados

Soporte técnico da aplicación: Soporte Aplicacións RRHH

Teléfono:

881 999 883 (Ibercom 99883)