- Inicio
- Goberno e institucións
- Consellerías
-
Consellería de Facenda e Administración Pública
- Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
- Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
- Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
- Consellería de Política Social e Igualdade
- Consellería de Economía e Industria
- Consellería de Facenda e Administración Pública
- Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
- Consellería de Sanidade
- Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
- Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
- Consellería do Medio Rural
- Consellería do Mar
- Función pública e xestión de recursos humanos
- Listas de contratación temporal
- Consulta das citacións electrónicas
-
Función pública e xestión de recursos humanos
- A Dirección Xeral
- Listas de contratación temporal
- Procesos selectivos
- Concurso de traslados
- Fondo de Acción Social
- Normativa e documentación
-
Transparencia e outros servizos
- Consulta do Rexistro de Actividades de Altos Cargos
- Consulta de anuncios de comisións de servizo e adscricións temporais
- Consulta das autorizacións de compatibilidade
- Autorizacións do exercicio de actividade privada ao cesamento de altos cargos
- Expediente administrativo
- Solicitudes normalizadas
- Xeración de reclamacións
- Verificación e descargas
- Subscrición ás novas de Función Pública
Consulta das citacións electrónicas
Desde esta sección, as persoas integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, que fosen citadas de forma electrónica, terán á súa disposición unha nova ferramenta que lles permitirá atender as citacións pendentes de elección de posto e consultar todas as citacións que recibisen, independentemente do seu estado.
Procedemento dos chamamentos ordinarios
- As persoas que fosen citadas de forma electrónica, recibirán a notificación conforme fosen citadas a través do Sistema de Notificación Electrónica de Galicia - Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. A maiores, o sistema remitirá tamén un aviso do envío da citación a través do SMS e/ou correo electrónico asociado á persoa na lista correspondente.
- Nas comunicacións, incluirase unha ligazón que permitirá ás persoas citadas acceder directamente ao sistema de elección de postos desa citación concreta e establecer a orde de prelación de todos os postos ofertados, así como validar a súa elección.
- As persoas citadas dispoñerán dun prazo máximo de 2 días naturais desde a posta ao dispor da notificación en Notifica.gal para realizar a elección de postos. A finalización da elección de postos suporá a aceptación do chamamento pola persoa aspirante nos termos seleccionados.
- No caso de que unha persoa reciba varias citacións consecutivas deberá atender por orde de recepción as citacións enviadas ás que lles serán de aplicación as regras precedentes, e os chamamentos serán resoltos nese mesma orde.
- Unha vez finalizado o prazo para a elección de postos, realizarase o proceso de adxudicación do posto.
- Ás persoas que resulten adxudicatarias dun posto, enviaráselles un SMS cun acceso directo á descarga da credencial. O acceso á credencial pola persoa seleccionada farase nun prazo non superior ao primeiro día hábil ao seguinte ao último día de posta ao dispor da notificación, para a súa presentación no posto de traballo no prazo que nela figure, ao que deberá acudir coa documentación que se esixa en cada caso. Ao resto de persoas que non fosen adxudicatarias enviaráselles un correo electrónico informando que non foron adxudicatarias.
Importante: independentemente da ligazón que se incluirá nas comunicacións, as persoas interesadas sempre poderán consultar e atender as citacións desde a ligazón á aplicación que aparece neste apartado.
Procedemento dos chamamentos extraordinarios por SMS urxente
Os chamamentos por SMS urxente serán comunicados a través dun SMS con aviso de recepción. Nesta comunicación incluiranse o código individual do chamamento e unha ligazón que lles permitirá ás persoas acceder directamente ao contido íntegro da comunicación.
As persoas que reciban o SMS urxente, que serán remitidos antes das 13:00 horas, disporán desde a súa recepción ata as 23:59 horas do mesmo día para accederen ao sistema de citacións electrónicas, estableceren a orde de prelación de todos os postos ofertados e validaren a súa elección.
A validación da súa elección suporá a aceptación do chamamento pola persoa aspirante nos termos citados.
No caso de que a persoa aspirante ao chamamento non acceda ao sistema de citacións electrónicas, entenderase que non está dispoñible e a súa falta de actuación non terá efectos no seu estado na lista.
No caso de que a persoa aspirante ao chamamento acceda ao sistema de citación electrónica pero non valide a súa elección de postos no prazo indicado, ou non acepte os postos ofertados, suporá que os rexeita, coas consecuencias, en cada caso, establecidas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
----------
No caso de que a persoa integrante das listas reciba varios chamamentos, a prioridade para atender os chamamentos será a seguinte:
- Chamamentos telefónicos
- Chamamentos por SMS urxentes
- Chamamentos ordinarios
Esta mesma orde manterase no proceso diario de adxudicación no caso de que concorran adxudicacións de distintos tipos de chamamentos no mesmo día.
Manuais
Normativa
-
Orde do 1 de xuño de 2020 pola que se declara a entrada en vigor dos artigos 14 e 16 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, e a posta en marcha do proxecto piloto do sistema de citacións electrónicas
-
Orde do 17 de setembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 1 de xuño de 2020, pola que se declara a entrada en vigor dos artigos 14 e 16 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, e a posta en marcha do proxecto piloto do sistema de citacións electrónicas
Contactos relacionados
Dúbidas de xestión
Teléfono:
012 (981 900 643)
Correo-e:
012@xunta.gal
Horario:
de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas
- Consulta do Rexistro de Actividades de Altos Cargos
- Consulta de anuncios de comisións de servizo e adscricións temporais
- Consulta das autorizacións de compatibilidade
- Autorizacións do exercicio de actividade privada ao cesamento de altos cargos
- Expediente administrativo
- Solicitudes normalizadas
- Xeración de reclamacións
- Verificación e descargas
- Subscrición ás novas de Función Pública