Información xeral

Esquema do proceso:

  • Participación: as persoas interesadas en concorrer a un concurso de traslados deberán presentar a súa solicitude de participación despois de que se publique a convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
  • Solicitude de postos: despois de recibir as solicitudes de participación no concurso publicarase no DOG o prazo de solicitude de postos, entre os que se incluirán os ofertados inicialmente e as potenciais resultas.
  • Acreditación e comprobación de méritos: no seu expediente persoal, as persoas participantes poderán comprobar os seus méritos e poderán modificalos ou incorporar novos méritos ou requisitos, téndose en conta ata a data límite que se publique no DOG.
  • Listas provisionais de persoas admitidas e excluídas: publicaranse no DOG e abrirase un prazo de 10 días para presentar reclamacións.
  • Listas definitivas de persoas admitidas e excluídas: publicarase a resolución no DOG e as persoas concursantes disporán do prazo de 1 mes para presentar recurso potestativo de reposición. 
  • Baremación provisional: publicarase no DOG e as persoas concursantes disporán dun prazo de 10 días para presentar reclamacións.
  • Baremación definitiva: mediante resolución que se publicará no DOG adxudícanse as prazas e as persoas concursantes disporán do prazo de 1 mes para presentar recurso de reposición. 

 

Información sobre a presentación de solicitudes e documentación relacionada co concurso - descargar aquí

 

Contactos relacionados

Dúbidas de xestión

Teléfono:

881 999 168 / 981 545 868 / 981 544 236 / 881 999 389

Dúbidas técnicas sobre a aplicación

Teléfono:

881 999 883 (Ibercom 99883)

Preguntas máis frecuentes

Si, en calquera momento, xa que a participación nun concurso de traslados é unha forma de solicitar o reingreso ao servizo activo.

Poderá participar se leva dous anos nun posto definitivo obtido por concurso, independentemente de se obtivo o devandito posto na administración de orixe.

O persoal funcionario de carreira que se encontre a disposición ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo terá a obriga de participar nos concursos de traslados nos que se convoquen prazas abertas ao seu corpo, escala e, de ser o caso, especialidade.

Deberá solicitar, á súa elección, todos os postos situados nunha das seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense; ou todos os que se atopen 30 km da localidade do último posto que ocupou con carácter definitivo ou, da localidade do posto a que estea adscrito provisionalmente

A relación das localidades distantes 30 km segundo o punto de orixe recóllese nas instrucións da Dirección Xeral da Función Pública publicadas aquí.

O incumprimento desta obriga dará lugar ao paso á situación de excedencia voluntaria por interese particular.

O persoal funcionario de carreira que se encontre adscrito por motivo de saúde ou rehabilitación a un posto de traballo en distinta localidade daquela na que teña o seu destino definitivo está obrigado a participar no concurso e solicitar todos os postos adecuados ao seu corpo, escala e especialidade, situados na localidade do posto ao que figure adscrito.

O incumprimento desta obriga determinará o cesamento no posto no que figure adscrito por motivos de saúde ou rehabilitación.

Os destinos obtidos por novo ingreso teñen carácter definitivo, equivalente a todos os efectos aos obtidos por concurso, polo que para participar nun concurso de traslados deberán esperar 2 anos.

Se o primeiro posto obtido tras superar un proceso selectivo ten carácter provisional, o tempo neste terase en conta para os efectos de poder participar nos seguintes concursos de traslados.

Será un prazo mínimo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. O día final do prazo indícase na respectiva convocatoria.

  • Os datos persoais
  • Os datos administrativos (entre os que se inclúen os do corpo desde o que se participa)
  • A localidade indicada para a valoración da conciliación familiar, se for o caso
  • A indicación de solicitude condicionada ou non
  • A petición de adaptación do posto, se for o caso

 

Se son documentos electrónicos asinados electronicamente e/ou copias electrónicas auténticas, deberá presentarse a través de Portax (persoal en servizo activo na Xunta de Galicia) ou do procedemento PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Se son documentos orixinais en papel, deberán presentarse nas Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para que o persoal funcionario do rexistro acredite que é copia electrónica auténtica de documento.

Rematado o prazo de presentación de solicitude de participación publicarase unha resolución no DOG e na páxina web de Función Pública, ademais dos postos inicialmente ofertados, incluiranse os postos que estivesen ocupados con carácter definitivo polas persoas concursantes que xeraron solicitude de participación no concurso de traslados. Eses novos postos son as potenciais resultas, e a súa adxudicación está condicionada a que os seus titulares obteñan un posto no concurso.

Abrirase un prazo, coincidente co prazo de acreditación de méritos, para que as persoas concursantes soliciten os postos desexados podendo intercalar os postos vacantes incluídos na convocatoria coas potenciais resultas.

Rematado o prazo de presentación de solicitude de participación publicárase unha resolución no DOG e abrirase un prazo, coincidente co prazo de elección de postos, para que as persoas concursantes emendan ou incorporen novos méritos ao seu expediente persoal.

Non obstante, teranse en conta como méritos ou requisitos todos os datos das persoas concursantes que xa consten no seu expediente do Rexistro Central de Persoal, sempre que se incorporasen no expediente ata a data límite fixada polo procedemento de acreditación de méritos.

Publicadas as resolucións de listas provisionais de persoas admitidas e excluídas e da valoración provisional de méritos abrirase un prazo de presentación de reclamacións para que as persoas concursantes aleguen o que estimen pertinente.

De ter algunha dúbida sobre as bases, a normativa ou os pasos a seguir no concurso pode porse en contacto co Servizo de Concursos nos contactos que aparecen nesta páxina web.

No correo deberá incluír a súa consulta xunto co seu nome completo, NIF, teléfono de contacto e enderezo electrónico de contacto, de ser distinto ao empregado.

De ter calquera problema técnico de acceso ou utilización do sistema, pode porse en contacto cos teléfonos de soporte técnico da aplicación ou a través do correo electrónico que aparecen nesta páxina web. 

No correo deberá incluír a súa consulta xunto co seu nome completo, NIF, teléfono de contacto e enderezo electrónico de contacto, de ser distinto ao empregado.