Xeración de solicitudes de concursos de traslados

Todas as fases están soportadas por aplicacións informáticas, que xeran de modo totalmente autónomo e automático a asignación final da adxudicación de prazas.

Compartir
  • whatsapp

Actualmente, todas as fases do concurso de traslados están soportadas por aplicacións informáticas, sendo estas as encargadas de modo totalmente autónomo e automático de xerar a asignación final da adxudicación de prazas. Un dos últimos módulos en ser rematados é a baremación automática, pola que se elimina totalmente a baremación humana.

Esquema do proceso:

  • Participación: as persoas interesadas en participar nun concurso de traslados deberán presentar a súa solicitude, unha vez que se publique a convocatoria do concurso no Diario Oficial de Galicia.
  • Publicación das listas provisionais de persoas admitidas e excluídas: nesta resolución darase un prazo de 10 días hábiles para presentar reclamacións.
  • Publicación de listas definitivas de persoas admitidas e excluídas: os/as interesados/as disporán do prazo de 1 mes desde a publicación da resolución para presentar recurso potestativo de reposición.
  • Publicación da baremación provisional: os/as interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar reclamacións.
  • Publicación da baremación definitiva: mediante a orde adxudícanse as prazas e os/as interesados/as disporán do prazo de 1 mes para presentar recurso de reposición.

No caso de dúbidas xerais ou técnicas pode poñerse en contacto nos teléfonos indicados ou remitindo un correo electrónico ou fax indicando os seguintes datos: nome completo, NIF, teléfono de contacto e o seu enderezo electrónico. Para o envío por fax remita a información no formulario de incidencias.

Recuperación do código de solicitude de participación

A través deste aplicativo enviarase o código da solicitude de participación nun concurso activo de traslados de acordo co NIF/NIE indicado. Deberá achegar o número de teléfono móbil ou a dirección de correo electrónico que se lle requira e que deberá figurar na última solicitude presentada.

Reclamacións

Prema nesta ligazón para xerar unha reclamación a calquera das fases do concurso. Se aparece un mensaxe solicitando a instalación do cliente @FIRMA, prema "Aceptar" e peche o navegador despois de que remate a instalación. A aplicación pediralle primeiro o seu NIF. Deberá introducir o número do NIF e a letra nos cadros correspondentes. De seguido deberá escoller o proceso sobre o que quere reclamar, que neste caso será 'Concurso de traslados'. Finalmente seleccionará a fase activa do concurso sobre a que quere reclamar, co que a aplicación lle mostrará un formulario da reclamación, que deberá cubrir, premer no botón 'Gravar e imprimir' e presentar debidamente asinado por rexistro. O sistema informaralle da evolución da súa reclamación vía correo electrónico e SMS. 

Contactos relacionados