O Decreto 37/2006, do 2 de marzo regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral. Nel, establécese o procedemento de inscrición nas listas, o baremo aplicable, o procedemento para efectuar os chamamentos etc.
O prazo de presentación de solicitudes establecido para as listas que se atopan en xestión é do 1 de marzo ao 30 de abril de cada ano.
Pode consultar as listas abertas nesta ligazón.
Pode consultar máis información sobre a inclusión no apartado de preguntas frecuentes.
Acceso á presentación electrónica:
Consulte horarios. Debido a diferentes tarefas técnicas de mantemento, pode haber momentos da noite nos que o sistema de taxas ou as entidades bancarias poden non estar dispoñibles para realizar o pagamento.
Antes de acceder comprobe os requisitos técnicos
-
Manuais
-
Solicitude normalizada presencial
Unicamente para a presentación presencial de solicitudes en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Dúbidas de xestión
- Consultas técnicas - Contacte co seu CAU de referencia - Se non pertence á Xunta de Galicia contacte mediante este formulario