Expediente administrativo

Acceso á consulta dos datos almacenados de forma electrónica no expediente persoal.

Compartir
  • whatsapp

A Dirección Xeral da Función Pública pon á súa disposición o acceso a consulta dos datos almacenados de forma electrónica no seu expediente persoal. Polo momento, a única forma posible de acceder ao expediente electrónico é empregando un certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, ou ben, ser participante dalgún concurso de traslados activo.

Para acceder debe premer a seguinte ligazón. Na seguinte pantalla debe empregar unicamente o botón 'Acceso con certificado dixital', ou o usuario e clave que lle enviamos se é participante dalgún concurso de traslados activo.

Co obxectivo de facilitar o acceso aos cidadáns para solicitar os certificados dixitais para persoa física, a Xunta de Galicia está habilitada para actuar como Autoridade de Rexistro da FNMT. Pode premer nesta ligazón para solicitar o seu certificado directamente por Internet. Para solicitar un novo certificado, os cidadáns poden presentarse nalgunha das oficinas da Xunta de Galicia para acreditar a súa identidade e asinar a solicitude do certificado dixital, aceptando as súas condicións de uso.

Debe ter en conta que a aplicación que dá soporte ao expediente electrónico entrou en funcionamento no ano 2001, polo que pode ser posible que a información anterior a esta data non estea correctamente actualizada, inda que si estea presente no seu expediente físico en papel.

Consulta e xeración de propostas de modificación do expediente electrónico no Rexistro Central de Persoal

Neste enlace poderá xerar os impresos de emenda ou conformidade, necesarios para a certificación de méritos no concurso de traslados. No caso de xerar un impreso de emenda, deberá presentalo no seu servizo de persoal para a súa certificación, presentando por rexistro o documento certificado que lle será entregado por persoal.No caso de xerar un impreso de conformidade, deberá presentalo por rexistro directamente.

Prema aquí se recibiu o PIN de acceso, pero aínda non xerou a súa propia clave de acceso ou se esqueceu a súa clave de acceso.

Actualmente só será posible acceder ao seu expediente con certificado electrónico, ou ben, se está participando nalgún concurso de traslados, na fase correspondente de actualización de méritos definida nas súas bases.

Contactos relacionados
  • Soporte técnico da aplicación: Soporte Aplicacións RRHH
    Teléfono: 881 999 883 (Ibercom 99883)
    Correo-e: soporte.rrhh@xunta.gal