Este servizo permite consultar e solicitar as comisións de servizo e adscricións temporais vixentes da Administración da Xunta de Galicia.
Pode consultar os anuncios de comisións de servizo (persoal funcionario de carreira) e adscricións temporais (persoal laboral fixo) na ligazón de Consulta dos anuncios.
Se desexa solicitar algunha das comisións de servizo ou adscricións temporais vixentes, pode empregar o formulario axeitado da sección Formularios do pé desta páxina. Unha vez cuberto deberá imprimilo e anexalo, xunto co resto de documentación necesaria, ao modelo PR004A da sede electrónica para a súa presentación telemática.
- Soporte técnico da aplicación: Soporte Aplicacións RRHH