Modificación da xornada dos días 25 e 26 de febreiro de 2020
21/02/20

Con motivo da celebración das festas do Entroido, modifícase a xornada dos vindeiros días 25 e 26 de febreiro para os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galicia.

A modificación será a seguinte:

  • Horario oficial: a hora de saída o martes 25 de febreiro de 2020 será ás 14:00 horas e a de entrada o mércores 26 de febreiro de 2020 será ás 9:00 horas. 
  • Horario de flexibilidade automática: a hora de saída o martes 25 de febreiro de 2020 será as 14:00 horas, quedando reducida en 30 minutos a parte fixa e en 45 minutos a parte flexible do horario. A hora de entrada o mércores 26 de febreiro de 2020 será as 9:00 horas, quedando reducida nunha hora e quince minutos a parte flexible do horario.
  • Horario flexibilidade conciliación: a hora de saída o martes 25 de febreiro e a de entrada o mércores 26 de febreiro de 2020 queda reducida nunha hora e quince minutos dentro da franxa horaria autorizada pola correspondente Secretaría Xeral/Secretaría Xeral Técnica na resolución de concesión de flexibilidade por conciliación. 

Todo isto sen prexuízo do gozo do día que coincida cun festivo local.