Publícase a previsión das datas e lugares nos que esta previsto celebrar os exercicios dos procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada pola COVID-19
22/02/21

A Disposición Adicional Segunda da Lei 4/2021, de medidas fiscais e administrativas publicada no DOG núm. 19, do 29 de xaneiro, faculta ao titular da consellería competente en materia de Función Pública para establecer medidas especiais en materia de procesos selectivos ou de provisión derivadas da situación de emerxencia sanitaria.

Froito de dita habilitación, publícase a previsión das datas e lugares nos que esta previsto que se realicen os procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada pola COVID-19. 

Os devanditos procesos poderán celebrarse en distintas sedes e a súa distribución virá determinada polo número de aspirantes de cada proceso e  polo enderezo reflectido na súa solicitude, así como a quenda ou a opción á que son convocadas.  As sedes previstas son:

  • Silleda: Feira Internacional de Silleda, Recinto Ferial, s/n - 36540 Silleda (Pontevedra)
  • Lugo: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, rúa Acceso Complexo Dep. Palo, s/n - 27004 Lugo

Unha semana antes da celebración de cada proceso selectivo, todas  as persoas aspirantes poderán comprobar na  páxina Web da Dirección Xeral da Función Pública,  tanto o día de celebración do seu exercicio, a hora de chamada,  a sede, o pavillón (1 ou 2) de cada sede e a porta pola que serán chamadas. Non se permitirá cambio ningún de sede.

A celebración  de ditos  procesos  conta coa autorización provisional de Saúde Pública que deberá ser confirmada pola autoridade sanitaria, en función da evolución epidemiolóxica da pandemia. A confirmación será solicitada pola DXFP dez días antes da súa celebración. 

Proceso
selectivo
Prazas
convocadas
Data do 1º
exercicio
Hora de
chamamento
Lugar Pavillón Enderezo solicitude da persoa aspirante
A1 Psicoloxía5520/3/20219.00Silleda1 e 2A Coruña, Pontevedra e outras CCAA
Lugo1 e 2Lugo e Ourense
I-006 Psicólogo820/3/20219.00Silleda2Totalidade de aspirantes
A2 Traballo Social8120/3/202116.30Silleda1 e 2A Coruña, Pontevedra e outras CCAA
Lugo1 e 2Lugo e Ourense
II-017 Asistente/a Social820/3/202116.30Silleda2Totalidade de aspirantes
A1 Superior (libre)13321/3/20219.00Silleda1 e 2A Coruña e Pontevedra
Lugo1 e 2Lugo, Ourense e outras CCAA
I-004 Titulado/a superior4121/3/20219.00Silleda2Totalidade de aspirantes
A1 Bioloxía3121/3/202116.30Silleda1 e 2Totalidade de aspirantes
A1 Medicina3721/3/202116.30Silleda1Totalidade de aspirantes
I-002 Médicos221/3/202116.30Silleda1Totalidade de aspirantes
 
 

 

  • Procesos selectivos