Modificación da xornada dos días 21 e 22 de febreiro de 2023

17/02/2023

Con motivo da celebración das festas do Entroido, modifícase a xornada dos vindeiros días 21 e 22 de febreiro para as persoas empregadas públicas da Xunta de Galicia.

A modificación será a seguinte:

  • Horario oficial: a hora de saída o martes 21 de febreiro de 2023 será ás 14:00 horas e a de entrada o mércores 22 de febreiro de 2023 será ás 9:00 horas. 
  • Horario de flexibilidade automática: a hora de saída o martes 21 de febreiro de 2023 será as 14:00 horas, quedando reducida en 30 minutos a parte fixa e en 45 minutos a parte flexible do horario. A hora de entrada o mércores 22 de febreiro de 2023 será as 9:00 horas, quedando reducida nunha hora e quince minutos a parte flexible do horario.
  • Horario flexibilidade conciliación: a hora de saída o martes 21 de febreiro e a de entrada o mércores 22 de febreiro de 2023 queda reducida nunha hora e quince minutos dentro da franxa horaria autorizada pola correspondente Secretaría Xeral/Secretaría Xeral Técnica na resolución de concesión de flexibilidade por conciliación. 

Todo isto sen prexuízo do gozo do día que coincida cun festivo local.

Organización do traballo