Enquisa I Plan de Igualdade da Xunta de Galicia

28/03/2023

Desde a Dirección Xeral de Función Pública estamos a negociar nestes momentos o I Plan de Igualdade da Xunta de Galicia.

No marco desta negociación resulta necesario dispor dunha diagnose de situación, como base para deseñar as medidas que incorporará o devandito plan.

Co fin de obter unha mellor imaxe da realidade da organización, no seo da Comisión Negociadora acordouse a realización dunha enquisa. A participación neste proceso de recollida de datos é voluntaria, pero animamos ás persoas empregadas públicas a que participen. Deste xeito, conseguiremos ter unha visión máis real da nosa situación, e propor medidas máis acaídas aos nosos intereses e necesidades.

Esta enquisa estará á súa disposición desde o mércores 22 de marzo ata o mércores 12 de abril.

Organización do traballo