Avisos

Ten dispoñibles para consulta 113 avisos:
Instrucións sobre o rexime de vacacións, permisos e licenzas

Apróbase na Comisión de persoal de 12 de marzo a resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas.

Permisos e licenzas

Vixencia Ata o 15 de xullo | C. de Facenda
Ábrese o prazo de inscrición nas listas de contratación do Decreto 37/2006

Segundo o establecido no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, poderán presentarse novas solicitudes para incluírse nas listas "desde o día 1 de marzo ata o día 15 de xullo de cada ano, elaborándose no período comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de decembro do mesmo ano".

Contratación temporal

C. de Facenda
Publícanse as listas provisionais de actualización de méritos segundo o Decreto 37/2006. Febreiro 2013

Resolución do 12 de febreiro de 2013 pola que, de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG nº 48, do 9 de marzo), se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2012 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Contratación temporal