Esta aplicación permite a xeración e consulta de calquera tipo de reclamacións de calquera proceso xestionado pola Dirección Xeral de Función Pública.
Funcións
As funcións da aplicación son as seguintes:
- Xestión de procesos reclamables
- Xestión de fases de procesos
- Xestión de apartados
- Xestión das reclamacións
- Control de permisos. O sistema permite ter usuarios especializados en certos apartados de certas fases
- Comunicación do estado da reclamación por SMS
- Comunicación da resolución vía web, previo anuncio SMS
- Módulo web de xeración de reclamacións, consulta e modificación das mesmas
Deixaralle seleccionar en cada momento unicamente os procesos (e fases dos mesmos) que teñan aberto un prazo de reclamación.
Antes de xerar a reclamación, o sistema pediralle o seu NIF. Unha vez introducido, o sistema presentaralle varias pantallas nas que deberá escoller o proceso ao que quere reclamar.
Co código de reclamación que lle xerará o sistema pode consultar o estado da súa reclamación en calquera intre.
Concursos de traslados
Para xerar unha reclamación no concurso de traslados ten que seguir os seguintes pasos:
- Se aparece un mensaxe solicitando a instalación do cliente @FIRMA, prema "Aceptar" e peche o navegador despois de que remate a instalación.
- A aplicación pediralle primeiro o seu NIF. Deberá introducir o número do NIF e a letra nos cadros correspondentes.
- De seguido deberá escoller o proceso sobre o que quere reclamar, que neste caso será 'Concurso de traslados'.
- Finalmente seleccionará a fase activa do concurso sobre a que quere reclamar, co que a aplicación lle mostrará un formulario da reclamación, que deberá cubrir, premer no botón 'Gravar e imprimir' e presentar debidamente asinado por rexistro. O sistema informaralle da evolución da súa reclamación vía correo electrónico e SMS.
Fondo de acción social
Para xerar unha reclamación a calquera das fases do Fondo de Acción Social ten que seguir os seguintes pasos:
- A aplicación pediralle primeiro o seu NIF. Deberá introducir o número do NIF e a letra nos cadros correspondentes (o primeiro cadro resérvase para a letra do NIF de estranxeiros/as).
- De seguido deberá escoller o proceso sobre o que quere reclamar, que neste caso será 'Fondo de Acción Social'.
- Finalmente seleccionará a fase activa do Fondo sobre a que quere reclamar, co que a aplicación lle mostrará un formulario da reclamación, que deberá cubrir, premer no botón 'Gravar e imprimir' e presentar debidamente asinado por rexistro (tamén poderá escoller a presentación telemática con certificado dixital).
- O sistema informaralle da evolución da súa reclamación vía correo electrónico e SMS.
- Soporte técnico da aplicación: Soporte Aplicacións RRHH