Xunta de Galicia

Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 2000

  • Manuel Cordo Boullosa (a título póstumo)
  • Fernando De la Rúa

Manuel Cordo Boullosa (a título póstumo) (Lisboa, 1905 – Lisboa, 1998).

Empresario e mecenas.

Nace en Lisboa, no seo dunha familia galega dedicada ao comercio de carbón e queroseno para os fornelos, feito que supón o seu primeiro contacto co que é o mundo dos hidrocarburos, a que dedica grande parte da súa actividade empresarial.

Tras varios anos na localidade pontevedresa de Caritel, onde se traslada cun ano de idade tras a morte da súa nai, Manuel Cordo regresa a Lisboa.

Traballa como administrativo, axuda ao seu pai e estuda Comercio na mellor escola lisboeta da época.

Considerado o único verdadeiro empresario portugués que existiu no mundo do petróleo, en 1933 participa na fundación da Sociedade Nacional de Petróleo (SONAP), e pouco despois entra no complexo petrolífero de Sines. Os seus intereses empresariais esténdese por Brasil, Francia, Kenya, Mozambique, África do Sur ou Malawi, ademais da compañía portuguesa Galp, da que é un dos maiores inversores. No ámbito bancario é o presidente ou administrador de diversas entidades en Portugal, Francia, Alemaña ou Brasil.

Grande mecenas da cultura en Portugal, é propietario dun dos establecementos de culto de toda Europa, a Librería Bertrand, na rúa Garret do Chiado lisboeta.

Sempre comprometido con Galicia, para a que restaura e doa o pazo que hoxe é sede do Centro Galego de Lisboa, ademais de coa Medalla de Ouro, tamén foi distinguido coa Medalla de Castelao, ademais da Lexión de Honra francesa.

Gabinete de Prensa

Fernando De la Rúa (Córdoba - A Arxentina, 1937).

Presidente da República da Arxentina

Neto dun emigrante pontevedrés de Bueu, nace no seo dunha familia de clase media da cidade arxentina de Córdoba.

Avogado de profesión, Fernando de la Rúa ten un primeiro contacto coa administración pública durante o mandato do presidente Arturo Ilía, onde exerce como asesor do Ministerio do Interior.

Afiliado á Unión Cívica Radical (UCR), da man do seu líder, Ricardo Balbín, a súa carreira política desenvólvese como senador, antes e despois da Ditadura Militar, e tamén como deputado.

Tras diversos conflitos con Raúl Alfonsín, por ter pactado cos peronistas a reforma política, grazas a ela consegue, en 1996, ser o primeiro alcalde de Bos Aires elixido polo voto directo dos cidadáns.

A súa imaxe como home serio, de profundas conviccións democráticas e bo xestor, permítelle vencer as novas primarias abertas da Alianza polo Traballo, a Xustiza e a Educación, constituída pola UCR e o esquerdista FREPASO, e ganar as presidenciais de 1999 aos peronistas.

Á fronte do primeiro goberno de coalición da historia da Arxentina, accede ao poder advertindo da fin dos privilexios do cargo e da impunidade dos corruptos. Malia isto o seu mandato está marcado polo derrubamento económico, que leva o país ao bordo da creba, á suspensión de pagos e á instauración do famoso corralito.

Tras 8 folgas xerais en menos de dous anos, de la Rúa dimite en decembro de 2001.

É autor de varios libros sobre tema xurídico.

Gabinete de Prensa
  • Agrupacións de mariscadoras participantes no Plan Galicia para o desenvolvemento do marisqueo a pé
  • Olga Gallego Domínguez
  • Manuel Garrido Valenzuela
  • Manuel Carlos Gómez Díez
  • Rubén González Cortés
  • Luis Tomás González del Valle
  • Juan Francisco Lazcano Acedo
  • Antonio Magalhães da Silva
  • Ana María Pastor Julián
  • Delmiro Pérez González
  • José María Ramil Soneira
  • Guillermo Rojo Sánchez
  • Ángel Sanjurjo Bermúdez
  • María Teresa Vidal Gallego
  • Jesús Baamonde González
  • Jesús Barros López
  • Carlos de Blas Armada
  • Demetrio Díaz Sánchez
  • Miguel González Aguiar
  • Cástor Lata Montoiro
  • Francisco Lorenzo Mariño
  • José Manuel Pazos Pereira
  • Carmen Rodríguez-Losada Trulock
  • Ángel Rodríguez Vázquez
  • Benito Varela Castro
  • Ángel Vázquez Boedo
  • Ovidio Vidal Ríos