Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 1986

  • Antonio Rosón Pérez

Antonio Rosón Pérez (Becerreá, Lugo, 1911-Lugo, 1986).

Avogado. Primeiro presidente da Xunta de Galicia. Primeiro presidente do Parlamento de Galicia

Licenciado en dereito, ostenta a Presidencia da Deputación de Lugo entre 1949 e 1951. Presidente do Comité Executivo da UCD de Lugo, en 1978, tras a aprobación da Constitución, é elixido Presidente da Xunta Preautonómica de Galicia.

En 1981, tras as primeiras eleccións autonómicas, é elixido presidente do Parlamento de Galicia, sendo o promotor da tradución ao galego do texto constitucional español.

A súa actividade política e profesional está vinculada ao mundo agrario, onde ocupa os postos de presidente da Cámara Sindical Agraria de Lugo e da Comisión de Agricultura do Consello Económico e Sindical do Noroeste.

Elabora varios estudos sobre a materia, entre os que destacan Ordenación xurídico-agraria de Galicia (1949) e Concentración parcelaria e patrimonio familiar. Bases da resolución agraria galega (1952).

Gabinete de Prensa