Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 1985

  • Don Xoan Carlos I, Rei de España

Don Xoan Carlos I, Rei de España (Roma 1938).

Rei de España

A Súa Maxestade o Rei nace o 5 de xaneiro de 1938 en Roma, onde residía a Familia Real. Fillo de Don Xoán de Borbón e Battenberg, Conde de Barcelona e Xefe da Casa Real española, e Dona María das Mercedes de Borbón e Orleáns.

Tras residir e estudar en Lausana, Friburgo e Estoril, en 1948 inicia a súa formación en España. Estuda bacharelato, recibe formación militar nos tres exércitos e en 1960-1961 completa os seus estudos na Universidade Complutense de Madrid.

En 1962 contrae matrimonio coa Princesa Sofía de Grecia, primoxénita dos monarcas helenos.

En 1969 é nomeado sucesor á Xefatura do Estado e o 22 de novembro de 1975, tras a morte de Francisco Franco, é proclamado Rei de España co nome de Xoán Carlos I.

En 1977 o seu pai, Xoán de Borbón, traspásalle os dereitos dinásticos que recibira de Afonso XIII. No seu reinado España viviu a transición da ditadura á democracia, celebrándose en 1977 as primeiras eleccións xerais democráticas desde 1936. O 6 de decembro de 1978 apróbase en referendo a actual Constitución Española.

A súa intervención na noite do Golpe de Estado do 23-F de 1981, consolida a súa imaxe como monarca, dentro e fóra de España. En 1985 España asina o tratado de adhesión á Comunidade Económica Europea.

Xoán Carlos I dedica especial atención ás relacións internacionais, especialmente coa América latina, o mundo árabe e os países occidentais. Recibiu numerosos premios internacionais e é Doutor Honoris Causa por unha trintena de universidades españolas e estranxeiras.

Gabinete de Prensa