Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 2019

Medallas de Ouro 2019

2019

Javier Fernández Fernández

Mieres, 1948

Javier Fernández Fernández naceu en Mieres en 1948. Enxeñeiro de Minas pola Escola Técnica Superior de Oviedo e diplomado en Calidade Ambiental, é funcionario de carreira do Corpo Especial de Enxeñeiros de Minas desde 1984.

Foi director xeral de Minaría e Enerxía do Goberno de Asturias entre 1991 e 1995; deputado no Congreso desde 1996 ata 1999; e conselleiro de Industria, Comercio e Turismo en 1999. Ademais, foi senador en representación da Comunidade Autónoma polas lexislaturas VII e VIII. En 2012 foi investido presidente do Principado de Asturias.

2019

Juan Vicente Herrera Campo

Burgos, 1956

Juan Vicente Herrera naceu en Burgos en 1956. Estudou Dereito na Universidade de Navarra, exerceu como avogado entre 1987 e 1992 e foi deputado pola provincia de Burgos nas Cortes de Castela e León desde 1995 ata este mesmo ano.

Iniciou a súa carreira política como secretario xeral da Consellería de Economía e Facenda da Junta de Castela e León en 1992, función que desempeñou ata 1995. En 2001 foi investido presidente da Junta de Castela e León, cargo que revalidou catro mandatos sucesivos máis.

Discursos