Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 2008

  • Editorial Galaxia

Editorial Galaxia

Editorial galega

Despois da Guerra Civil española, a produción de libros en galego queda practicamente reducida á que impulsan en países como a Arxentina, o Uruguai ou México personalidades como Castelao, Luís Seoane ou Manuel Puente.

A fundación en 1950, en Santiago de Compostela, da Editorial Galaxia, baixo o auspicio de Ramón Otero Pedrayo e a orientación de Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego e Xaime Illa Couto, supón un feito clave para a recuperación do galego como lingua de transmisión de cultura e pensamento.

Desde o primeiro libro publicado Antífona da cantiga (1951), de Ramón Cabanillas, ata a actualidade, a editorial publicou máis de 2.500 títulos, que van desde clásicos da literatura galega como Otero Pedrayo, Castelao, Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Marina Mayoral..., ata autores máis novos: Manuel Rivas, Ángeles Sumai, Bieito Iglesias, Yolanda Castaño, Fina Casalderrey... a partir do 2000 tamén impulsou a tradución de obras galegas a outros idiomas como o castelán, inglés, alemán, ruso, grego, francés, italiano, vasco ou catalán.

Ademais da edición de libros, desde 1963 publica a revista de cultura galega Grial.
Editorial Galaxia impulsou a creación da Fundación Penzol, Fundación Otero Pedrayo e Fundación Illa Couto, de grande importancia na promoción da cultura galega.

Gabinete de Prensa