Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 1994

  • Luis Alberto Lacalle Herrera
  • Carlos Saúl Menen

Luis Alberto Lacalle Herrera (Montevideo, 1941).

Presidente da República Oriental do Uruguai

Fillo, neto e bisneto dunha das sagas políticas, os Herrera, con máis raizame histórica no Uruguai. Estuda Dereito e Ciencias Sociais na Universidade de Montevideo. Avogado de profesión, desde 1961 exerceu como xornalista no xornal Clarín de Bos Aires.

Desde os 17 anos milita nas filas da formación política familiar, o Partido Nacional ou Branco, de carácter conservador. Accede por primeira vez ao Parlamento tras as eleccións de 1971. Desde 1973, baixo a ditadura militar, vive entre persecucións o exercicio da súa profesión, as colaboracións periodísticas e a oposición semiclandestina, sobrevivindo a un intento de envelenamento.

En 1981 funda, dentro do Partido Nacional, o Consello Nacional Herrerista, do que ocupa o posto de secretario xeral. Elixido senador en 1984, en 1989 gana as eleccións presidenciais, ocupando o posto ata 1995. Desenvolveu un programa de reformas estruturais neoliberais, moi contestadas internamente, e é considerado un dos artífices do Mercado Común do Sur (MERCOSUR).

Autor de numerosos artigos e ensaios sobre o Uruguai e Iberoamérica e do libro Herrera, un nacionalismo oriental, en homenaxe ao seu avó, Luis Alberto de Herrera. Doutor honoris causa polas universidades Complutense de Madrid, Hebrea de Xerusalén, Autónoma de Guadalajara e Nacional de Paraguai; ademais de coa Medalla de Ouro de Galicia foi distinguido, entre outros recoñecementos, como Cabaleiro da Grande Cruz da Orde de San Miguel e San Xurxo de Inglaterra.

Carlos Saúl Menen (Anillaco- Arxentina, 1930).

Presidente da República Arxentina

Fillo de inmigrantes sirios, realizou os estudos primarios e secundarios en escolas públicas da provincia de La Rioja. Estuda Dereito na Universidade de Córdoba e en 1955 gradúase como avogado.

A súa traxectoria política está marcada por unha viaxe a Bos Aires, en 1951, co equipo de baloncesto universitario con que xogaba, en que coñeceu o presidente Juan Domingo Perón e a súa esposa, Eva Duarte. Esta experiencia determinou a súa militancia no Movemento Xusticialista, fundado e liderado polo xeneral.

Desde 1956 alterna detencións, candidaturas a diversos postos frustradas por distintos golpes de estado, e o seu papel de asesor legal da poderosa Confederación Xeral do Traballo (CGT). Elixido Gobernador de La Rioja en 1973 (cargo que volve ocupar en 1983 e 1987), é detido en 1976 tras o golpe militar que acaba co goberno de Isabel Martínez de Perón. Permanece encarcerado 5 anos.

En 1989 consegue a Presidencia da República Arxentina, posto que ocupará ata 1999, grazas á reforma constitucional que impulsou. A súa presidencia estivo marcada por decisións polémicas, como o establecemento da paridade peso-dólar, a privatización das principais empresas públicas, a amnistía aos militares golpistas ou o restablecemento das relacións diplomáticas con Grande Bretaña.

Carlos Menem é autor de varios libros e, entre outras distincións, recibiu o Grande Colar da Orde de Isabel A Católica, a Grande Cruz da Lexión de Honor e a Orde do Mérito da República Italiana; ademais dos doutoramentos honoris causa das universidades de Beijing, Houston, Loyola e Keio.

Gabinete de Prensa
  • Cándido Velázquez-Gaztelu Ruiz
  • Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar (Arxentina)
  • José Manuel Rey de Viana
  • Sociedade Reconquista do Teatro Avenida S.A. (Buenos Aires)
  • Heriberto García Seijo (A título póstumo)
  • Julio Francisco Ogando Vázquez
  • Enrique César López Veiga
  • Daniel Barata Quintas
  • FEIRACO
  • Geranio Torreiro Antón
  • Ramón Blanco Suárez
  • Manuel Ruiz Falcó
  • Olegario de Saa Bravo
  • Restaurante Las Rías Gallegas (Miami)
  • Pedro Rivas Prieto
  • Ángel Hermida Seivane
  • Manuel Novoa Novoa (A Título Póstumo)
  • Isidoro Guede Fernández
  • Castromil S.A
  • David Fojo Salgueiro
  • Asociación Textil de Galicia
  • Luis Carballo Taboada
  • Asociación Galega de Pizarristas