Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886- Bos Aires, 1950).
Político, escritor, médico, pintor e debuxante
Emigrante na Arxentina durante a súa infancia, entre 1895 e 1900; médico de profesión ata 1914; funcionario no Instituto Xeográfico e Estatístico desde 1918; Castelao é un dos principais referentes da arte galega e do galeguismo como expresión política.
Autor polifacético, a súa creación abarca desde a caricatura e a ilustración, con álbums como Nós, Galicia Mártir ou Milicianos; ata a literatura con obras como Cousas, Retrincos ou Sempre en Galiza; sen esquecer as súas numerosas colaboracións en diarios e revistas, como El Sol de Madrid, A Nosa Terra e La Semana Universal de Bos Aires.
Tras unha primeira vinculación co movemento agrarista Acción Galega, Castelao adhire as Irmandades da Fala e empeza a participar no movemento galeguista.
Elixido deputado nas Cortes republicanas de 1931 e 1936, é desterrado a Badaxoz en 1934 polo goberno de dereitas.
Tras a Guerra Civil exíliase en Nova York. Desenvolve unha intensa actividade de reorganización do movemento galeguista no exterior e é elixido, en 1944, presidente do Consello de Galicia.
En 1946 é nomeado ministro do goberno da república no exilio.
Fina o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires.