Xunta de Galicia

Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 1991

  • Xulio Prieto Nespereira

Xulio Prieto Nespereira (Ourense, 1896 – Pontedeume, A Coruña, 1991).

Gravador e pintor

Desde moi novo interésase polas artes plásticas e a pintura, realizando en 1912 a súa primeira exposición de pintura ao óleo na súa cidade natal.

En 1917 trasládase a Madrid, onde obtén por oposición unha praza como topógrafo delineante do Ministerio de Facenda. Malia isto, a súa vocación artística lévao a recibir clases de pintura de Fernando Álvarez de Sotomayor, director do Museo do Prado. A partir de 1922 centra a súa actividade no gravado, sendo invitado á Bienal de Venecia de 1926.

Desde entón percorre o mundo, sendo París, Hamburgo, Nova York, Montevideo, Bos Aires, Río de Xaneiro, Praga, Madrid, Barcelona ou Sevilla algunhas das cidades en que expón a súa obra. En 1951 organiza a mostra Goya e o gravado español, coa que visita América, Filipinas, Xapón e Oriente Medio. Julio Prieto Nespereira é un promotor infatigable da obra gráfica; funda o grupo de gravadores Los veinticuatro, é presidente da Agrupación Española de Artistas Gravadores e promove, en 1967, a creación do Museo Nacional do Gravado Contemporáneo e Sistemas de Estampaxe en Madrid, do que será o primeiro director.

As súas obras máis destacadas son as series de gravados Hombres de mar, Mujeres del campo gallego e Peces rotos. Entre outras distincións, recibiu o Premio Nacional de Gravado, as medallas de ouro ao Mérito nas Belas Artes e ao Mérito no Traballo, a Encomenda da Orde de Isabel A Católica e o Premio Duque de Alba do Círculo de Belas Artes.

Gabinete de prensa
  • Jesús Precedo Lafuente
  • Manuel C. Díaz Díaz
  • Ramón Domínguez Sánchez
  • Feliciano Barrera Fernández
  • Círculo das Artes de Lugo
  • Carlos Martínez-Barbeito Morás
  • José Luis Varela Iglesias
  • Josefina Vilas Raña
  • Luis Rodríguez Moya
  • Mariano Valle Rodríguez
  • Industrias de Diseño Textil S.A
  • José Manuel Pando Manjón
  • José González Solla
  • Grupo Empresas Campo
  • Bartolomé Freire Lago
  • José Mª García-Lastra Merino
  • FINSA S.A.
  • Escurís S.A.