A Administración da Xunta de Galicia destina anualmente unha porcentaxe da dotación orzamentaria para custos de persoal á concesión de axudas de carácter social.
A natureza das axudas, o persoal con dereito a percibilas, os criterios de repartición entre os solicitantes e o procedemento para a súa concesión son obxecto de negociación coas organizacións sindicais representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral (CIG, CCOO, UGT e CSIF).
O acordo acadado apróbase polo Consello da Xunta de Galicia e publícase no diario oficial (DOG) con indicación da forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes.
Prazos
- Prazo de xeración e presentación de solicitudes: do 2 ao 15 de maio do 2023
- Prazo de reclamación ás listaxes provisionais: do 17 ao 31 de xullo de 2023
- Información sobre o Fondo de Acción Social :
Teléfono: 981 545 234, 881 999 368, 981 541 271
Correo-e: fas@xunta.es