Documentación necesaria
Solicitude de declaración na situación de servizos especiais
- Deberá achegarse coa solicitude a documentación que motive o pase á situación de servizos especiais.
Solicitude de declaración na situación de servizos noutras administracións públicas
- Fotocopia compulsada da dilixencia de toma de posesión nun posto doutra Administración con carácter definitivo.
Solicitude de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público
- Fotocopia compulsada da dilixencia de toma de posesión, contrato ou calquera outro documento que acredite a toma de posesión noutro corpo/escala.
Solicitude de excedencia voluntaria por interese particular
- Fotocopia compulsada da dilixencia de toma de posesión, contrato ou calquera outro documento que acredite o motivo da excedencia.
O persoal funcionario de carreira que pase a prestar servizos en calquera administración pública, organismo, axencia ou entidade do sector público como persoal funcionario interino ou como persoal laboral con contrato temporal ou declarado indefinido por sentenza xudicial firme así como o que pase a prestar servizos en entidades que queden excluídas da consideración de sector público será declarado na situación de excedencia por interese particular. Non lle será esixible o requisito de que prestase un tempo mínimo de servizos previos nin o prazo de permanencia nesa situación (artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, modificado pola Lei 15/2010, do 28 de decembro).
O persoal funcionario de carreira pode solicitar a excedencia por interese particular sendo preciso ter prestado servizos efectivos en calquera das administracións públicas durante os cinco anos inmediatamente anteriores e nela non se poderá permanecer menos de dous anos continuados (artigo 57.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo).
Solicitude de excedencia voluntaria para o coidado de fillos/as
- Fotocopia compulsada do libro de familia, e/ou documento público que acredite a filiación.
- Declaración de non realizar ningunha actividade que poida impedir ou menoscabar o coidado do fillo/a.
Solicitude de excedencia voluntaria para o coidado de familiares
- Fotocopia compulsada do libro de familia, e/ou outro documento público que acrediten a relación de consanguinidade ou afinidade no grao que establece o artigo 57.4 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.
- DNI da persoa familiar.
- Declaración do/a funcionario/a de que non realizará ningunha actividade que poida impedir ou menoscabar o coidado da persoa familiar.
- Certificado médico oficial ou documento dos órganos da Administración Pública competente na materia, acreditativo da situación de dependencia por idade, accidente, enfermidade ou discapacidade.
- Certificado que acredite que non se está de alta en ningún Réxime da Seguridade Social pola realización dun traballo por conta propia ou allea e declaración da persoa dependente de que non desempeña actividade retribuída algunha.
A Administración poderá solicitar calquera outra documentación que considere necesaria.