Formalización da solicitude
A través da páxina web da Xunta de Galicia, en dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou DNI electrónico, sen que sexa necesario presentar a solicitude nos lugares previstos no artigo 38 da LRX-PAC, agás nos casos nos que se deba presentar documentación xustificativa de exención do pagamento.
Os certificados das titulacións e a restante documentación requirida na convocatoria presentarase unha vez superado o proceso selectivo.
Documentación que cómpre presentar coa solicitude
Só o persoal exento total ou parcialmente do pagamento da taxa dos dereitos de exame deberá imprimir a solicitude cuberta que deberá presentar nalgún dos lugares previstos no artigo 38 da LRX-PAC, xunto cos documentos xustificativos da exención do pagamento:
- Discapacitados: certificado de discapacidade.
- Familia numerosa ordinaria ou especial: Certificado de familia numerosa de carácter ordinario ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.
- Demandantes de emprego: certificación expedida pola oficina de emprego na que conste que a/o aspirante figura como demandante de emprego desde polo menos seis meses antes á data da convocatoria, e certificación do Servizo Público de Emprego Estatal na que conste que non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
Prazo de presentación da solicitude
O prazo de presentación da solicitude será de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Pagamento de taxas
Con carácter xeral, é obrigatorio o pagamento de taxas por dereito de exame que poderá facerse dun dos seguintes xeitos:
- Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo AI) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.
- Pagamento telemático:
- Sen certificado dixital: deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento telemático e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.
- Con certificado dixital: poderán realizar o pagamento con cargo á conta do/a titular do certificado desde a opción de pagamento telemático e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.
No caso de precisar pagamento e realizalo de modo presencial, a entidade bancaria colaboradora imprimiralle na zona de validación mecánica un código chamado NRC. Unha vez realizado o pago na entidade, deberá entrar de novo na súa solicitude e continuar co procedemento de presentación validando o pago mediante a introdución deste código NRC.
A falta de pagamento de taxas en tempo e forma ocasionará a exclusión do proceso selectivo.
Exencións ao pagamento de taxas
Exención do 100%
- As persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- As familias numerosas de réxime especial.
Exención do 50%
- As familias numerosas de réxime xeral.
- As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.