Información xeral

Temarios do proceso selectivo

Consonte o recollido nas convocatorias, para o desenvolvemento deste proceso selectivo os/as aspirantes poden tomar como referencia a batería de preguntas que para cada subgrupo se atopa publicada aquí.

Preguntas máis frecuentes

Igual que en calquera outro proceso selectivo, lea previamente con atención a convocatoria e acceda á páxina de xeración de solicitudes.

Na Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia inclúese a Disposición adicional décimo sétima. Modalidade específica de promoción do persoal laboral:

O persoal laboral fixo que desempeñe funcións correspondentes a persoal funcionario e non cumpra os requisitos establecidos no número 1 da disposición transitoria primeira desta lei, poderá acceder aos corpos ou escalas de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia aos que figuren adscritas as funcións que realice, de conformidade coas equivalencias entre as categorías profesionais do persoal laboral e as escalas de persoal funcionario fixadas polo Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, sempre que posúa a titulación necesaria, reúna os restantes requisitos exixidos, non exceda da idade de xubilación forzosa e supere o correspondente proceso selectivo realizado de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, así como os demais establecidos nos artigos 49 e 55 desta lei.

As convocatorias dos procesos selectivos poderán eximir total ou parcialmente o persoal previsto no número anterior que participe neles dalgunha das probas selectivas exixidas ao persoal de novo ingreso e/ou reducir parte do temario, de forma xustificada, atendendo ao contido das probas selectivas superadas no seu día para acceder á condición de persoal laboral fixo e ao feito do desempeño de funcións substancialmente coincidentes no seu contido profesional e no seu nivel técnico coas do corpo ou escala aos que intenta promocionar.

Non. Este proceso está dirixido ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do V Convenio Colectivo que adquire esa condición con posterioridade á entrada en vigor do EBEP.

Os requisitos a cumprir están recollidos na disposición adicional 17 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia e nas convocatorias dos procesos selectivos convocados ao efecto.

Non, a participación nos procesos de promoción específica é, en todo caso, voluntaria, polo que corresponde a cada persoa traballadora que reúna os requisitos de admisión decidir libremente sobre a súa participación no mesmo.

O proceso consiste nun concurso-oposición. A fase de oposición consistirá nunha proba de tipo test, para a cal as persoas aspirantes poderán tomar como referencia a batería de preguntas que para cada subgrupo se atopa publicada na páxina https://xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion; así mesmo, para a realización desta proba poderán levarse os textos legais usados para a realización das devanditas preguntas.

Coa unificación do réxime xurídico dos empregados públicos, as prazas de persoal laboral irán desaparecendo paulatinamente da Administración galega para substituírse por postos de traballo de persoal funcionario. Isto implica que o número de prazas de persoal funcionario se incrementarán, co que as posibilidades de mobilidade e promoción serán maiores.

Ademais, a promoción específica permite o acceso á carreira profesional do persoal funcionario.

O vixente acordo de concertación establece que aquel persoal que se atope en postos susceptibles de ser funcionarizados pode solicitar a carreira profesional ou complemento de desempeño, condicionado á superación do proceso de promoción específica. No caso de non superar o proceso de promoción específica, decaerán os graos recoñecidos e os seus efectos económicos.

Non se reducirán. O réxime económico aplicable será o mesmo que para a funcionarización.

As bases de cotización que determinan o importe da pensión de xubilación non dependen da condición de funcionario ou laboral, senón da contía das remuneracións brutas que recibe o/a traballador/a.

Posto que as retribucións non se reducen, as bases de cotización tampouco baixan e polo tanto non afecta de ningún xeito ao importe da pensión de xubilación.

As condicións específicas que viñan favorecendo a xubilación parcial do persoal laboral desapareceron o 31 de decembro de 2018, posto que o Goberno central non renovou a normativa que as establecía. Polo tanto, ao non existir este beneficio, á funcionarización tampouco lle afecta.

Ao ser un proceso totalmente voluntario, o persoal laboral fixo que non desexe acollerse manterá os dereitos recollidos no V Convenio Colectivo que lle resulten de aplicación.

Si. Unha vez adquirida a condición de funcionario poderase participar nos procesos de mobilidade e promoción interna do correspondente grupo e escala, sempre que se acrediten todos os requisitos que esixe a normativa vixente.

En consecuencia, os postos de traballo do persoal laboral fixo que se funcionarice transformaranse en prazas de persoal funcionario que á súa vez se sumarán a estes procesos cando queden vacantes.

É un requisito establecido na disposición adicional 17ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. En todo caso, trátase dunha proba de características diferentes ás establecidas para unha oposición ordinaria, posto que os seus destinatarios son empregados públicos que xa superaron unha oposición.

Si. Pode desistir voluntariamente da súa funcionarización pola modalidade específica de promoción, e non asinar o acordo de extinción da relación laboral, o que implica manter a súa condición de persoal laboral fixo.

Consonte o recollido nas convocatorias, para o desenvolvemento deste proceso selectivo os/as aspirantes poden tomar como referencia a batería de preguntas que para cada subgrupo se atopa publicada aquí.