Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

Carreira profesional

Desde esta sección o persoal funcionario e laboral fixo do convenio colectivo único da Xunta de Galicia, atopará toda á información e servizos necesarios para o acceso ao réxime extraordinario de acceso ao grao I da Carreira Profesional.

Normativa

Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

 

Procedemento

  • Se posúe tarxeta de empregado público, certificado electrónico ou ben conta de correo electrónico @xunta.gal, @sergas.gal ou @edu.xunta.gal deberá empregar o procedemento electrónico, accedendo desde PortaX co seu NIF e a chave da súa conta de correo ou ben co seu certificado ou tarxeta. Prema aquí para acceder a PortaX
  • En calquera outro caso pode empregar os servizos aos que lle dará acceso esta páxina seguindo este procedemento:
    1. Deberá cubrir, asinar e presentar por rexistro a "solicitude de recoñecemento". Prema aquí para acceder á solicitude de recoñecemento (desde o luns 1/04/2019)
    2. Desde a Dirección Xeral da Función Pública enviaráselle un PIN ao seu móbil de contacto ou correo electrónico que lle permitirá xerar unha chave para acceder ao seu expediente electrónico persoal e comprobar se cumpre algún dos criterios de avaliación.
      O acceso ao expediente para comprobar o seu estado na carreira, ou ben para incorporar novos méritos, está dispoñible na zona de servizos.
    3. Só no caso de non cumprir ningún dos criterios de avaliación para acceder inicialmente ao recoñecemento do grao I, poderá incorporar novos méritos ao seu expediente.
      Estes méritos xunto co impreso de emenda debidamente asinado deberán ser dirixidos por rexistro ás seguintes unidades, dependendo do destino do empregado:
      • Servizos centrais: secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva, centro directivo ou ente público instrumental.
      • Servizos periféricos: xefes/as territoriais, funcionarios/as responsables da área de persoal das xefaturas territoriais, delegacións ou ente público instrumental respectivo.

Manuais de usuario/a

 

Servizos

Solicitude de recoñecemento do grado I do Sistema de Carreira Profesional (desde o luns 1/04/2019)

Este servizo permítelle solicitar o recoñecemento do grado I no sistema de carreira profesional para este primeiro proceso extraordinario. Só debe ser empregado por persoal laboral sen usuario de correo electrónico Sergas, Xunta ou da Consellería de Educación, ou ben sen tarxeta de empregado público.

Presentar unha reclamación á carreira profesional

No caso de que non estea de acordo co estado que lle mostra o servizo de consulta, debido a calquera erro, inconsistencia ou falta de información do seu expediente electrónico pode presentar unha reclamación empregando este servizo, seleccionando o apartado de carreira profesional.

Solicitude de actualización de méritos (impreso de emenda)

En caso de non empregar o sistema electrónico de tramitación mediante PortaX

Este servizo só debe ser empregado se non cumpre algún dos criterios de avaliación e ten méritos non rexistrados no seu expediente electrónico administrativo persoal cos que poida cumprilos.

Neste caso deberá incorporar estes méritos empregando este servizo, xerando finalmente o seu impreso de emenda. Unha vez xerado deberá asinalo e presentalo por rexistro xunto coa documentación xustificativa dos méritos incorporados dirixido aos seguintes destinos, en función do destino do posto de traballo do/a solicitante:

  • Servizos centrais: secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva, centro directivo ou ente público instrumental.
  • Servizos periféricos: xefes/as territoriais, funcionarios/as responsables da área de persoal das xefaturas territoriais, delegacións ou ente público instrumental respectivo.

No caso de que toda a documentación xustificativa sexan copias auténticas electrónicas, pode empregar o procedemento xenérico PR004A que se atopa na sede electrónica para realizar a presentación electrónica.