DIRECCIÓN XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA
Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas

Artigo 22.3.4 do Decreto 101/2014, do 1 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, con rango de subdirección xeral, terá encomendada a realización das seguintes funcións:

  • A xestión do réxime de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, así como dos membros da Xunta de Galicia e demais altos cargos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades do sector público autonómico sometidos á Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
  • Mantemento, xestión e custodia dos rexistros de Bens Patrimoniais e de Actividades dos membros da Xunta de Galicia e demais altos cargos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades do sector público autonómico.
  • A cualificación da declaración de actividades e da declaración de bens patrimoniais dos membros da Xunta de Galicia e demais altos cargos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades do sector público autonómico.
  • A vixilancia do cumprimento das obrigacións derivadas da aplicación do artigo 16 do Decreto 205/2008, do 4 de setembro, polo que se regulan os rexistros de actividades e de bens patrimoniais de altos cargos da Administración autonómica.
  • O coñecemento das denun­cias que se poidan formular sobre os presuntos incumprimentos en materia de incompati­bilidades e conflito de intereses.
  • A tramitación e elaboración das propostas de resolución dos expedientes en materia de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A emisión dos informes en materia de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Mantemento e xestión do Rexistro de Persoal Eventual nos termos previstos na normativa reguladora do emprego público.
  • A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal e a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal, dos anteproxectos normativos en materia de función pública.