DIRECCIÓN XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA

Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional

A Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional, á cal lle corresponde a realización das seguintes funcións:

  • A determinación dos diferentes niveis de desenvolvemento profesional e avaliación das categorías e competencias existentes na organización, impulsando o crecemento e fo mentando as políticas de innovación na Administración pública galega, co fin de adaptalas ás necesidades e obxectivos do servizo público; elaboración de plans e programas encamiñados á mellora do desenvolvemento das competencias profesionais para potenciar e impulsar a calidade dos servizos; análise dos sistemas de promoción profesional para os procesos de funcionarización e elaboración das propostas para o seu desenvolvemento e posta en práctica, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
  • Deseño dos procesos de modernización organizativa da Administración xeral da Xunta de Galicia, baseada na avaliación dos sistemas de recoñecemento profesional do persoal ao seu servizo e valoración da súa incidencia no sistema de carreira profesional; ordenación e xestión dos procedementos de recoñecemento profesional e elaboración das propostas de resolución de recoñecemento da carreira profesional e, en xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
  • Desenvolvemento e execución dos procedementos nos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo.
  • O estudo e elaboración de informes de persoal en materia da súa competencia.
  • A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal, a Subdirección de Provisión de Postos e Selección de Persoal e a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, dos anteproxectos normativos en materia de función pública.

Para o cumprimento das súas obrigacións, a Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional contará coas unidades administrativas con nivel orgánico de servizo: xestores de proxectos que teñen con carácter xeral atribuídas as funcións de xestión, coordinación e execución dos proxectos que se realicen dentro das políticas en materia de persoal en todo o ámbito da Administración xeral, atribuídas á Dirección Xeral da Función Pública.

O número de xestores de proxectos será variable, en función das competencias e funcións que a Dirección Xeral de Función Pública deba prestar derivados da integración nela dos distintos recursos e servizos da carreira profesional e da realización dos procesos de funcionarización que se deriven das distintas consellerías e entidades públicas instrumentais delas dependentes. En concreto as funcións dos xestores de proxectos son:

  • Elaboración dos plans de necesidades en competencias de desenvolvemento profesional dos diferentes empregados públicos da Xunta de Galicia.
  • Elaboración das propostas normativas para a elaboración dos procedementos de recoñecemento profesional.
  • Asesoramento e deseño dos procedementos para a implantación do sistema de carreira profesional.
  • Planificación e coordinación da implantación dos sistemas de carreira profesional dentro do seu ámbito de competencia.
  • Deseño, planificación e realización dos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo, dentro do seu ámbito de competencia.
  • Coordinación coas unidades administrativas implicadas nos sistemas de información, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
  • En xeral, cuantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral de Función Pública.