Adscrición temporal concedida nos casos en que as características do posto de traballo perxudiquen ou orixinen un dano na saúde do traballador/a, incompatible co desempeño do posto. Esta adscrición terá carácter provisional.
Duración
Este tipo de adscrición non ten duración determinada, o traballador ou traballadora pode estar a ocupar o posto ata que este sexa ocupado de forma definitiva. Cada ano deberase comprobar que persisten as circunstancias que deron lugar á adscrición.
Reserva de posto
Mentres non obteña destino definitivo nun posto de traballo compatible coa súa nova situación mantense a reserva do posto de orixe, sempre que sexa destino definitivo do traballador.
Lexislación aplicable
Artigo 98 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.