PROVISIÓN TEMPORAL DE POSTOS
Comisións de servizo para o persoal funcionario
Compartir
  • whatsapp

Sistema de provisión de postos de traballo vacantes que son cubertos temporalmente en caso de urxente e inaprazable necesidade.

Duración

Unha comisión de servizos ten unha duración de un ano prorrogable por outro. Se o posto que se cubre está reservado a outro funcionario, a comisión non poderá autorizarse por un tempo superior ao do titular do posto.

Se o posto que se cubre é de libre designación, autorizarase por un período de 6 meses, sendo requisito imprescindible (de estar o posto vacante) a publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria para a súa provisión polo sistema de libre designación.

Lexislación aplicable

Artigos 14.2.k), 96, 100 e 101 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.