PROCEDEMENTOS APLICABLES AO PERSOAL FUNCIONARIO E/OU LABORAL

Permutas do persoal funcionario e laboral

Persoal funcionario

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia
Persoal funcionario de carreira
Artigo 99. Permuta de postos de traballo

1. Pódense autorizar permutas de postos de traballo entre persoal funcionario de carreira da mesma Administración pública ou de entidades públicas instrumentais dependentes desta, sempre que concorran as seguintes circunstancias:

a) Que os postos de traballo teñan o mesmo complemento retributivo, poidan ser ocupados por persoal funcionario do mesmo subgrupo ou grupo de clasificación profesional, no suposto de que este non teña subgrupo, corpo ou escala, e a súa forma de provisión sexa o concurso ordinario.
b) Que as persoas que pretendan a permuta teñan prestado un mínimo de cinco anos de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira.
c) Que a ningunha das persoas que pretendan a permuta lle falte menos de cinco anos para cumprir a idade de xubilación forzosa.

2. As permutas de postos de traballo previstas neste artigo autorizaranse polo procedemento que se estableza regulamentariamente, logo do informe dos correspondentes órganos competentes en materia de persoal.

3. O persoal funcionario de carreira ao cal lle fose autorizada unha permuta de postos de traballo quedará sometido ao seguinte réxime:

a) Deberá permanecer no posto obtido por permuta un mínimo de dous anos para poder participar nos concursos de provisión de postos de traballo.
b) No prazo de cinco anos a partir da concesión dunha permuta non se autorizará outra a ningunha das persoas interesadas.

Persoal laboral

Consiste nun cambio ou rotación de posto de traballo entre dous ou máis traballadores que ostenten a condición de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Duración

Indefinida, pasan a ocupar o novo posto como se fose un posto obtido en concurso.

Condicións dos/as traballadores/as para acceder á permuta

  • Que teñan máis dun ano de servizos continuados na Administración.
  • Que teñan idénticas categorías laborais.
  • Que lles falta máis de 5 anos para a xubilación.
  • Informe favorable das xefaturas respectivas .
  • Informe favorable do Comité de Empresa ou do Comité Intercentros segundo proceda.